O coronel non ten quen lle escriba
O vello coronel, xunto á súa muller, vive na miseria, esperando pola carta do goberno que lle comunique a concesión da pensión prometida polos seus servizos durante a guerra. Mais esa carta nunca chega, e mentres, a vella parella malvive na pobreza, alimentando un galo de pelexa que é a súa única esperanza de supervivencia. A medida que avanza o tempo e a carta segue sen chegar, deberán enfrontarse a un dilema: alimentar o galo ou alimentarse eles.

