Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Crónicas do paraíso

No 40 aniversario da morte de Álvaro Cunqueiro, o programa de dinamización lingüística FalaRedes réndelle homenaxe ao ilustre mindoniense con esta peza de Sarabela Teatro baseada na súa obra As crónicas do sochantre. Trátase dun espectáculo teatral e musical para todos os públicos cheo de humor e de sensibilidade. Acollerán as representacións Cambados, Mondoñedo e Padrón.

Galego

Language Planning

Trátase dunha comedia retranqueira destinada a público de máis de 9 anos que foi creada a partir dalgúns dos relatos de Made in Galiza de Séchu Sende para reflexionar sobre a situación da lingua galega.

Da man do programa de dinamización lingüística FalaRedes Language Planning fará parada nos concellos de Ames, Abegondo, Guitiriz, Xinzo de Limia e Caldas de Reis.

Galego

Greenpiss: Gozar, sentir, bailar

Yllana naceu en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, aínda que ao longo da súa traxectoria diversificou a súa actividade, ofrecendo distintas propostas no mundo das artes escénicas e do audiovisual. Dende o seu nacemento, produciron máis de vinte montaxes, entre as que se poden destacar ¡Muu! (1991), Glub, Glub (1994), Hipo (1999), Rock and Clown (2000) ou Musicall (2000).

Galego

Duo Vaguedades

Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nun proxecto audiovisual que mestura humor e música e que propón unha revisión cómica de diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, así como dos fitos máis sobranceiros do noso patrimonio cultural.

Galego

II Festival Comediártiko- A cantante calva

Un divertidísimo poema fonético que xoga coa ilusión da comunicación, nun intento por atravesar os límites da realidade para expor inquietantes preguntas ao espectador.
Ionesco, partindo das conversacións cotiás do método Assimil de ensino do inglés, satiriza a banalidade das relacións humanas convencionais.
Díxose que o seu teatro é unha esaxeración selectiva da realidade, coa idea de mostrar o ridículo dalgúns aspectos, e A Cantante Calva é o exemplo máis claro 

Galego

II Festival Comediártiko- Chispis Woman, a heroína do barrio

Esta é a historia de  Chispis  Woman, a  súperheroína. Xunto a  StarGirl,  Chispis enfrontarase á temible  Stablishment, e farao no barrio máis representativo da periferia madrileña e centro do universo canalla e  cañí. Unha historia de mulleres, de resilencia, de supervivencia á memoria, individual e colectiva, nun barrio dunha cidade, vemos  Carabanchel, pero podería ser o teu. 

Galego

Cigarreiras

Elenco: Marta Larralde, Susana Dans, Teté Delgado, Isabel Naveira, Ledicia Sola e Ana Sandos.

Sinopse: No centenario do pasamento da novelista Emilia Pardo Bazán, Contraproducións presenta unha relectura dunha das obras máis interesantes da autora: A Tribuna. A muller, o amor e os prexuizos de clase son os temas entorno ao que xirarán esta relectura, facendo fincapé no ambiente e primeiras loitas femininas das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña. E todo isto con un transfondo político onde se asiste ao ocaso dos Borbóns e á atribiulada proclamación da I República

Galego

Aibô

Aibō é a ópera prima da Compañía Eléctrica, unha peza teatral para público infantil e familiar con Iria Pinheiro e Areta Bolado (A Panadaría) en escena. 

Aibō significa compañeir@ en xaponés, esta é a palabra que mellor se axusta para definir unha fábula inspirada na Carapuchiña Vermella.

Trátase dunha visión diferente do conto popular, que pretende dar unha ollada positiva sobre a nosa relación coa natureza e tamén sobre o trato que temos con outros seres diferentes a nós. Unha celebración da diversidade.

Elenco: Iria Pinheiro e Areta Bolado

Galego

A viaxe de Mina

Mina era unha nena alegre, segura de si mesma, feliz; pero cuns gustos un tanto estrafalarios e... gorda, e iso á sociedade non lle gustaba. Mina querıá vivir nun mundo de xente diferente, pero os demáis empeñábanse en convertilo nun mundo que se ría de quen era diferente. Mina embarcarase nunha viaxe interestelar onde terá que tomar a decisión máis importante da súa vida.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro