Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O mentireiro

O grupo MDM, poñerá en escena a obra de Carlo Goldoni O mentireiro unha simpática comedia, para todos os públicos, dividida en tres actos que relata a historia dun mozo que xamais puido dicir a verdade. Bufóns, burgueses e a xente do pobo conviven en ?O mentireiro.? Elenco artístico: Daniel Vignolo, Mauricio Albera e Javier Quella.

Galego

Strela do día

EXCENTRICAS lanza un novo espectáculo para iluminar estes sombríos tempos de escuridade e desánimo. STRELA DO DÍA virá alumar os nosos corazóns con toda a divina parafernalia do teatro: a música e a comedia, a sorpresa e a cor, a emoción e a fortaleza. En definitiva, a invención dun novo mundo diante dos nosos ollos. Unha visión actualizada dos milagres de santa María aplicados aos problemas actuais (asombrosamente parecidos aos daquel século XIII).

Galego

Soga e cinsa

SOGA E CINSA, tríptico renacentista para 11 bruxas en 101 minutos, aborda a Caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista.

Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as pócimas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen a escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do recoñecemento.

Elenco artístico:

Galego

La excepcion y la regla

La excepcion y la regla achéganos a expedición que emprende unha comerciante estranxeira xunto a unha guía e a unha carrexadora locais a quen contrata para cruzar o deserto de Mongolia co obxectivo de descubrir uns pozos petrolíferos. A carreira por chegar a primeira deixando atrás aos competidores e a dureza do deserto ven mesturadas coas diferenzas culturais, sociais e de clase entre elas, o que poñerá aos personaxes en situacións límite.

Galego

Don Juan Tenorio

O costume de escenificar ?Don Juan Tenorio? de José Zorrilla (1884) ao redor do Día dos Defuntos é unha tradición que ten as súas orixes para mediados do século XIX e que se debe ao feito que os mortos teñen un papel destacado na resolución desta obra.
O Teatro Colón pretende recuperar esta tradición, hai anos fortemente arraigada na cidade da Coruña, e faio con todo o respecto e ilusión, coa colaboración de Noite Bohemia, dirixida por Javier Fernández Mariño, e da Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba.

Galego

Rubicundo

Con motivo da conmemoración do Día do Libro Infantil e Xuvenil o vindeiro 2 de abril, a Biblioteca de Galicia tráenos Rubicundo, unha función a cargo de Teatro Ghazafelhos e baseada na novela homónima de María Canosa.

Galego

Cinema de historias da man de Alice Guy

Este espectáculo, que mestura a narración co teatro e o cinema, pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos o amor polo cine, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias.

Será Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a súa curiosidade pola orixe da sétima arte.
Alice, desde ben pequena, escoitou contos da súa avoa que acordaron nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á gran pantalla.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro