Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Anatomía dunha serea

Elenco: Iria Pinheiro

Sinopse:

Unha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o embarazo e o parto, narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico. Un relato construído mentres a ferida segue aberta, porque as secuelas aínda non foron reparadas e o seu testemuño terá toda a visceralidade propia dun caso aberto.

Premio Maria Casares 2019 mellor actriz protagonista e mellor texto orixinal.

Galego

Alén

Intérpretes: Silvia Lorenzo e  Daniel Celester

Sinopse:

Mamá acaba de morrer, e agora... que? Un velorio dos de antes nunha aldea perdida. Un gato desesperado. Un móbil que o cambia todo... e dous irmáns que, por querer facelo ben, viven situacións estrambóticas que os levarán á comedia.

O primeiro espectáculo profesional da Formiga narra a viaxe física e espiritual que realizan dous personaxes ao improvisar as exequias da súa nai, dúas personalidades moi distintas que terán que poñerse de acordo en cuestións tan básicas como que facer co cadáver.

Galego

Aguratrat

Elenco: Victoria Pérez, Manu Fernández e Xosé  Leis

Aguratrat! é unha adaptación teatral do libro Esio Trot de Roald Dalhl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal.

Aguratrat! é unha bonita historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá título á peza.

Esta é a segunda montaxe para público familiar da compañía Pérez&Fernández, creadores de O poder de Amabel.

Galego

Sofía e as postsocráticas

Sofía e as postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, profundando nas causas da estrutura dos malos tratos.

A partir de tres personaxes en escena: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres) trataremos de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que podamos facer o cálculo do que é ou o que non é a violencia machista. 

Galego

Acuario

Elenco:

María Canosa - poeta e actriz

Pepablo Patiño - actor e manipulador

Montse Piñón - actriz e manipuladora

Jorge Casas - actor e manipulador.

Galego

Rob

Cando Rob subiuse a ese barco non sabía que nunca chegaría ao seu destino. Ou talvez, o destino tíñalle reservado ese lugar, unha illa na que o único que atoparía é a si mesmo.

Cando a vida vai á deriva é difícil saber cal é o noso porto. E mentres veñen rescatarnos a nosa imaxinación convértese no noso único salvavidas.

Galego

A xente 2.0

Victor Duplá e María Vázquez. Tanto a dirección coma a interpretación corre a cargo desta parella de longo percorrido tanto no eido actoral como no da dirección e da  pedagoxía. Formados como actores e como pedagogos e afeitos a traballar en ambos campos tantos xuntos como por separados e especialistas en dinámicas de grupo. Con este currículo non é de extrañar que este espectáculo sexa  o idóneo para empezar este camiño de traballar xuntos cara novos retos.

Xunto con eles haberá un TERCEIRO INTÉRPRETE sorpresa.

Sinopse:

Galego

A nena que quería navegar

Elenco:

Laura Míguez

Guillermo Carbajo

Carlos Álvarez-Ossorio

Sinopse: A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro