Por un puñado de grelos
Arrincou o Circuíto de Teatro Afeccionado da área de Cultura, que programa máis de corenta actuacións pola xeografía da provincia desde esta fin de semana ata final de ano.

Arrincou o Circuíto de Teatro Afeccionado da área de Cultura, que programa máis de corenta actuacións pola xeografía da provincia desde esta fin de semana ata final de ano.
Martín non encontra mais recurso que pedir nas rúas. Martina, a súa filla non entende o que pasa, sofre a vida do seu pai e entranlle os medos, a tristeza e a desolación.
Martín non sabe que facer, espera unha chamada, algo que cambie o rumbo dos acontecementos. Cando todo parece que non ten solución, unha árbore vermella aparece na vida de ambos.
Elenco artístico: Gustavo del Río e Jimmy Núñez
Tolitates, movido por unha atracción se cadra máis tola ca él, sáltase todas as sinais de perigo e escapa da cordura, sen pensar que pode sempre haber alguén máis transgresivo ca él.
Un persoeiro que irá atopando situacións e persoaxes absurdas que loitan polo protagonismo nas táboas dun teatro.
Un gran elenco informal e atolondrado que mostra pouco siso e seriedade no modo de actuar leva ao público á gargallada contínua sen precisar mediar palabra.
Unha escritora. Violeta Rivero repasa escenas da súa vida da man do seu fillo.
"A diferenza é o que nos fai belas e únicas" Violeta Rivero dixit.
Nunha liguaxe teatral contempor á nea ponse de relevo a vida e a loita de activistas LGTBI que perderon a libertade, os seus soños ou mesmo a vida só por mostrase diante da sociedade tal como son.
Actor: José Losada
Dirección: Xosé é Leis
Ao principio do estado de alarma, moitos psicólogos e investigadores do comportamento humano manifestaron non ter ferramentas e datos cos que predecir o impacto que o peche forzoso da poboación tería sobre a mente e o comportamento das persoas.
A paralización da actividade económica, o peche de centros educativos e o confinamento de toda a poboación durante semanas é unha experiencia da que non hai precedentes nin estudos que sirvan para facer un mapa.
O pequeno Max pasa o día facendo trasnadas. A súa nai, cansa desta situación, decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias ata converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba.
Durante o confinamento pola pandemia COVID-19 os veciños e as xanelas xurdiron como vínculos de contacto social.O confinamento incrementou o roce entre veciños e creou certa exaltación de amizade. Esta proximidade deu lugar a historias fermosas de solidaridade. Unha ilusión nalguns casos?
Sándwich é un bocadillo a medio acabar, unha sucesión de momentos inacabados e rotos transformados en escenas.
Sandwich é un espectáculo unipersonal onde se mestura o vídeo, a narración oral e as escenas con personaxes ausentes. Unha sorte de contar recordos dun momento que cambiou a vida dunha contorna que parecía feliz."
Un neno nace, descobre o seu corpo, a natureza, unha árbore. Este neno percorre todas as etapas da vida: convértese nun mozo, pensa, diríxese á cidade. Alí vólvese un home, coñece a présa e o traballo. Desde a cidade, volve á súa árbore unha e outra vez, seguindo o camiño do corazón, á luz dos seus propios soños...
Son un neno fala dunha infancia libre e creadora, e de como esa infancia acompaña ao ser humano toda a súa vida. Fala da fascinación dos soños e da necesidade de seguilos até o fin.
Ollos de Néboa recrea a vida do rei Eduardo II de Inglaterra; pero o que a primeira ollada pode parecer un drama histórico, con toda a carga cultural que iso representa, transfórmase en algo máis. É unha historia de amor, de odio, de paixón, de loita polo poder, en definitiva, na nosa historia.