Quixote
Elenco: Juan Rodríguez e Pablo Sánchez

Elenco: Juan Rodríguez e Pablo Sánchez
Unha tenda de campaña, un feixe de mantas en círculo ao redor e unha noite clara (ou con nubes, vaia, que estamos en Galicia) e, en cada manta, acomodado, un núcleo familiar, con sitio especial para a rapazada de 5 a 10 anos.
Animadoras caracterizadas de fantasía con saias feitas de globos, farán unha nube de pompas de xabón, enchendo as rúas de ledicia multicor, onde os nenos e nenas poderán xogar con elas.
Unha divertida e vistosa animación chea de maxia e ilusión.
Paixón pola nosa terra, a nosa xente e en especial os nosos cativos. Iso é o que sente este adorable avoiño ó transmitir de boca en boca, como se facía antano, as máis incríbles lendas e historias que brotan da nosa terra galega.
De norte a sur, de leste a oeste a súa maleta repleta de agarimo acompaña ó seu caldeiro de bo humor para arrincar un sorriso cheo de bondade.
Elenco: David Merelas
MERGULLA NO FONDO MARIÑO.
Pompeiras, mergulladores, peces e unha chea de especies do océano chegan ás rúas: Ou SÉQUITO DO CAPITÁN NEMO.
Sinopse: O Consello Municipal está reunido para determiñar se o pago do rescate da bibliotecaria municipal debería figurar como gasto de persoal ou como un gasto do fondo de Cultura... Un brote de varicela entre a banda de secuestradores complica ainda máis as cousas: poucas persoas quedan ben con granos na cara pero para uns ladróns resulta desastroso. O inxenio e o corazón da bibliotecaria raptada fará virar os acontecementos e traerá novidades importantes para a Biblioteca Municipal e para as vidas dos terribles secuestradores.
Elenco: Marcos Alonso / Suso Pando / Manuel Pombal
O que hai que ver! é unha combinacion dalgúns do mellores sketchs da historia de Fulano, Mengano e Citano, con outros de nova creación aos que se lle engaden unha serie de cancións orixinais cargadas de ironía, que crean, en conxunto, un 'todo' variado, dinámico e sorprendente, seguindo a liña de humor que caracteriza á compañía.
Elenco artístico: Darío Escudero, Miguel A Otero, Juan Collazo, Joaquín Rodríguez e Antonio Ocampo
A partir dunha escenografía impactante feita en galicia por Hipia Celta Cia. e musicado por Odaiko surxe este espectáculo creado para a Animación de calquera vila galega donde a Maxia, a música e o circo fan del un especáculo único.
Espectáculo de nova creación, no formato de teatro itinerante e animación de rúa, ambientado na Europa do Leste de principios do Siglo XX.
Esta é a historia dun destista dos Cárpatos ambulante, que percorre co seu carromato as vilas en busca de pacientes para a súa consulta; a través de xiros inesperados da historia e utilizando diferentes técnicas ( clown , música en directo, maxia, títeres ) coñeceremos o seu curioso pasado, e descubriranos unha nova historia totalmente inesperada, cun final sorprendente.
Un espectáculo de danza-teatro e cabaré pensado para prazas e escenarios en aberto.
Plenamente evocador. Unha viaxe polas emocións, o arte e a música que recrea as vangardas e movementos políticos de principios do século XX."
Un espectáculo de escenario que nos traslada a principios do século XX, a un periodo marcado pola guerra e a aparición das primeiras vangardas. Innovador, cunha estética "vintage", e unha fórmula escénica que crea imaxes evocadoras e emocionantes entroncadas co aspecto cinematográfico.