Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Lixo

A compañía teatral O Baúl da Tía Tola, da man do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, quere que os nenos e nenas e tamén os adultos recapacitemos sobre o que cada un pode facer para reducir o consumo de plásticos e conseguir que se reciclen e non danen a natureza. Por iso fixo "cultura coa varredura". E é que a idea de crear un espectáculo a partir de plástico reciclado partiu da mítica frase da Bruja Avería "La basura es cultura".

Galego

Roedores

Espectáculo familiar con música en directo para menores a partir de 5 anos. O argumento trata de concienciar en valores de fomento da igualdade a través das aventuras dos seus protagonistas, o hámster Peludiño e a rata Munda. Os actores Guillermo Carbajo e Laura Míguez encarnan a estes animais e a montaxe está dirixido por Alex Sampayo.

Galego

Sucesos

Chega o Circuíto de Teatro Afeccionado da área de Cultura, que programa máis de corenta actuacións pola xeografía da provincia desde esta fin de semana ata final de ano.

Galego

Borraliña

Chega o Circuito de Teatro Afeccionado da área de Cultura, que programa máis de corenta actuacións pola xeografía da provincia desde esta fin de semana ata final de ano. Quince compañías participan nesta iniciativa que dá ánimo ao teatro amador nun ano condicionado pola incidencia da crise sanitaria nas programacións culturais, especialmente no ámbito das artes escénicas.

Galego

Runitas

A vida dun matrimonio xira a voltas con as rutinas, e a pesar de todo conseguen chegar a velliños. “Pasámos a vida queixandonos da rutina, e votámola de menos cando todo nos patina”

Unha comedia escrita por Betty Couse para Max Teatro.

Reparto:

Carmen........ Anuska Gonzalez

Manuel........ Yuyi Bastida

Equipo Técnico:

Técnico iluminación e son: Carlos Gomez

Diseño grafico: Max Teatro

Escenografía e atrezzo: Max Teatro

Maquillaxe : Anuska

Dirección: Yuyi Bastida

Galego

Quero ser maior!

Quero ser maior! é unha comedia musical familiar. A protagonista é Gaia, unha nena de 11 anos que sente a necesidade de medrar para poder gañar cartos e axudar á súa nai. Unha noite Gaia atópase nun espazo estano cun personaxe  chamado Héctor e os seus compañeiros da Patrulla de Control de Nenas Precoces. Aquí comeza á súa divertida aventura...

As entradas están á venda na Cantina do CSCD Ás Pedriñas. Avda. do Rebullón, 23 Tameiga - Mos. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro