Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Brilla Brilla

A estreliña Vela está moi triste porque aínda non aprendeu a brillar, pero grazas á axuda da súa amiga Lyra e do montón de cousas divertidas que lle levou para xogar, poderán conseguir que Vela brille por fin?

Brilla Brilla é una obra de teatro sensorial para bebés que lles fará aprender valores tan importantes como é compartir.

A través de diferentes elementos sensoriais (campás, confeti, luz negra, instrumentos,...)os máis pequenos/as da casa gozarán desta aventura.

 

Galego

Bravas

Isabel Risco protagoniza Bravas, o seu segundo espectáculo unipersoal, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada. 

Bravas é unha produción teatral sobre mulleres sen medo, mulleres que paren, amamantan, manteñen, constrúen cós alicerces da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade.

Galego

Illas desertas

Elenco: Laura Villaverde e Roi Fernández

¿Cal foi a túa última experiencia inútil?

Illas desertas válese das experiencias e reflexións de dúas dos grandes fracasos da historia, a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición antártica do explorador Ernest Shackleton. Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural, polo seu camiño vital cara á utilidade desas cousas inútiles.

Galego

Golfa

Amanda e Fran foron parella hai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se viu truncada. Este feito non tivese relevancia algunha se inmediatamente despois desta ruptura Amanda non sufrise un terrible acoso virtual que leva aos seus pais a denunciar a posible autoría de Fran tras este feito. Ata que non se aclaren os feitos a dirección do instituto decide apartar a Fran das súas clases.

Galego

Gloria nacional

Elenco: Miguel Pernas, Luma Gómez e Manuela Varela

Uxio Rodas, escultor e pintor duns 60 anos, é considerado polos seus contemporáneos unha auténtica gloria nacional. As súas esculturas están nos mellores museos internacionais e ten sobre as súas costas unha longa e importante carreira de creador honesto e impoñente, con exposición e grandes ventas en todos os países do mundo.

Galego

El Alemán

O Alemán é unha peza, con vocación experimental, escrita, dirixida e interpretada por Diego Anido, que orbita sobre a idea do Sacrificio a través do absurdo cotián.

Durante os 50 minutos que dura da peza mergullámonos na rutina angosta dun personaxe a partir dunha linguaxe que se nutre dunha formación multidisciplinar en artes escénicas.

No Alemán Diego Anido parte da data de caducidade dun Yogurt para mostrarnos unha realidade deformada onde este dato aparentemente intranscendente convértese no escollo desencadenamento da acción.

Galego

Crusoe

En Markeliñe gústanos utilizar os textos clásicos e coñecidos para darlle unha pequena volta de porca. Nesta ocasión xogaremos co naúfrago solitario na súa illa para facer unha metáfora da vida, comezando polo nacemento que non é senón un naufraxio que che abandona á túa sorte na solitaria illa do teu destino.

Crusoe aprenderá a comer polos seus medios, a relacionarse cunha contorna diferente e a ter relacións con seres reais e imaxinarios. A súa vida está constituída polo que lle sucede e polo que a súa mente interpreta, como a de todos. E ambos os mundos son igualmente reais.

Galego

Semente de Ajidanha

Baseado nunha historia real. O Homem Que Plantava Árvores é unha historia inesquecíbel sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo. Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do sitio onde vive un lugar especial. É unha historia admirábel que nos mostra como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando só os seus propios medios, consegue reforestar só unha das rexións mais inhóspitas e áridas de Francia.

A partir de O homen que plantava árvores de Jean Giono.

Galego

Guerra de Identidade

Elenco: Deborah Vukusic

Esta é a historia dunha filla e un pai. En todas as historias entre pais e fillas hai unha guerra (se non é sempre) máis ou menos metafórica. Neste caso esa guerra é real: a de Iugoslavia. Deu para facer un libro e da para unha peli de acción ou mesmo unha serie con varias tempadas pero imos a modo. Empezamos polo monólogo da filla.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro