Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Brilla Brilla

A estreliña Vela está moi triste porque aínda non aprendeu a brillar, pero grazas á axuda da súa amiga Lyra e do montón de cousas divertidas que lle levou para xogar, poderán conseguir que Vela brille por fin?

Brilla Brilla é una obra de teatro sensorial para bebés que lles fará aprender valores tan importantes como é compartir.

A través de diferentes elementos sensoriais (campás, confeti, luz negra, instrumentos,...)os máis pequenos/as da casa gozarán desta aventura.

 

Galego

Astrolabios

“Astrolabio” é unha palabra que vén do grego e que significa “buscador de estrelas”. É un aparello que se inventou no século II a. C. Porque a curiosidade polo firmamento comezou na Humanidade nin se sabe cando!

Galego

As bombas e o xeneral

Elenco: Miguel Borines, Andrés Giráldez e Eduardo Rodriguez Cunha

Sinopse: Espectáculo onde se recrea con siluetas animadas música e actores a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor. O seu xefe verá frustradas as súas intencións.

Galego

Animal sagrado

Elenco: Diana Mera e Jorge Gallardo

Sinopse:

Lembra que ti tamén tes alma de animal

A partires desta idea esencial, establécese un reencontro cos animais como seres vivos únicos, sabios e inocentes dos que temos moito que aprender de establecermos unha relación equilibrada e orgánica, afastada da consideración de obxectos da nosa propiedade.

Galego

O charco de Ulises

O Charco de Ulises é unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto atlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Buenos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico. Ulises está considerado, na cultura occidental, o primeiro emigrante; o primeiro ser humano que experimentou a nostalxia pola súa terra. En Galicia temos dúas palabras máis para chamarlle a isto: saúde e morriña. Un sentimento complexo, consecuencia dun fenómeno complexo. Moitos emigrantes galegos deixaron mulleres e fillos aquí e fundaron outras familias en América.

Galego

The Witch, un espectáculo ritual

The Witch é unha invocación aos elementos. Unha palabra máxica. Unha liberación. Un espectáculo ritual que convida ao público a vivilo.

Dentro, Ela-Actriz, Ela-Menciñeira e Ela-Witch entrelazan as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción para rematar nunha danza catárquica que as levará á fogueira (ou non). Pois as tres son unha. E unha son as tres.

A Inquisición observa, pero neste ritual, o público é soberano.

O ESPECTÁCULO

Galego

#2 Pilgrims

Elenco: Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo.

Luca ten 22 anos e enfróntase a un dos seus maiores medos: facer soa o Camiño de Santiago. No cuarto dun albergue, ten que compartir liteira con Santi. Esta situación, inicialmente desagradable, converterase nunha fantástica oportunidade para decatarse de que, uníndose, poden desafiar as bases sobre as que construíron os seus mundos. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro