Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Golpes

A compañía aAntena saca o mellor do talento da actriz galega Estíbaliz Veiga para pór en escena un relato cru e directo polo cotiá das accións de como unha moza vai cedendo nunha relación desigual ata irse atopando fóra da súa personalidade.

Trátase dunha peza que afonda dun xeito directo e fuxindo do tráxico en como nas accións máis cotiás nace o “golpe” da desigualdade e chega á violencia machista.

Galego

O paseo de Robert Walser

Un pequeno grupo de persoas pasea pola cidade seguindo o escritor suízo Robert Walser, interpretado por Esteban Feune de Colombi. Proposta escénica a pé, inspirada no universo e con textos deste escritor da primeira metade do século XX, cada vez máis admirado nos nosos días.

No camiño prodúcense encontros, improvisados ou non, aparicións, figuras pasaxeiras que fan observar doutra maneira a paisaxe cotiá. O acto de pasear como outro modo de exercitar a mirada e de habitar o tempo, abertos, tamén, ao inesperado.

Galego

Antes

Antes é unha pequena xoia da nova dramaturxia portuguesa. Recentemente presentado en ISKV Tiyatro FestivaliIstambul, Théâtre de la Ville en París e no Hiroshima de Barcelona, o texto de Pedro Penim aborda con ironía e humor o sentimento de nostalxia, de apego ao pasado. Presentado como un “atlas de melancolías” a performance identifica unha especie de malestar latente relacionado a eventos ancestrais, presentes en toda Europa.

Foi o noso pasado, realmente tan “glorioso” como o percibimos? E ata onde debemos identificar este antes?

Galego

Sincro

A noite do 1.12.1990 o meu pai desaparece. Coma se caese por un buraco, o seu corpo dilúese nun vórtice. A última vez que o viron foi saíndo da sala de festas La Luna. Aquí está a miña ferida en bandexa de prata.

Galego

El cómo quieres

A partir do imprescindible, ou do indispensable, ou do estritamente necesario, a partir de case nada, como poder dicir aínda ah a vida, a vida a vida!, ah o amor, o amor! ah a morte! En calquera lugar, fóra, dentro, na casa, no teatro, na praza, dicir: ah a vida, ah o amor o amor, ah a morte a morte! A compañía escolleu distintos xeitos de conversacións con acentos diversos, tomando formas diferentes e empregándoas sen disocialas: movemento, o texto en tres linguas (catalá, castelán e francés) a danza, o canto, os ritmos procedentes de, entre outros, os zapateados e do claqué.

Galego

Tres vellas (polo menos)

Producions Teatráis EXCÉNTRICAS é una empresa que se dedica á creación de espectáculos teatrais, de productos de entretenimento e outros obxectos culturais. EXCÉNTRICAS sirve como plataforma de produción a marcas como MOFA&BEFA, o duo cómico de Evaristo Calvo e VÍctor Mosqueira, aos espectáculos unipersoais de Quico Cadaval e a proxectos musicais de Piti Sanz.

Galego

Voa, voa!

Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente para público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras.
Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefi re estar na casa vendo a tele.

Galego

Príncipas e princesos

Faise saber que se buscan principes rosas e princesas azuis! faise saber que ides escoitar contos de valentes princesas enfrontandose a dragons e de principes que lavan a roupa e pasan ou ferro! son contos de Principas e Princesos.

Unha reflexion sobre a igualdade a traves de contos atipicos de Principes e Princesas dá man de Pablo Sanchez Pablisimo, uns dous contadores de referencia do panorama galego.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro