Escenas do cambio 2021: Antes
Antes é unha pequena xoia da nova dramaturxia portuguesa. Recentemente presentado en ISKV Tiyatro Festivali Istambul, Théâtre de la Ville en París e no Hiroshima de Barcelona, o texto de Pedro Penim aborda con ironía e humor o sentimento de nostalxia, de apego ao pasado.
Presentado como un “atlas de melancolías” a performance identifica unha especie de malestar latente relacionado a eventos ancestrais, presentes en toda Europa. Foi o noso pasado, realmente tan “glorioso” como o percibimos? E ata onde debemos identificar este antes?

