Viñemos a dalo todo
En 1977, a NASA realiza un exercicio artístico de síntese e perdurabilidad: enviar ao espazo un vinilo e materiais extra que pretendían definir á humanidade no seu conxunto. Unha selección musical que poderiamos entender como un ?Best of? dunha comunidade orgullosa, confeccionado para sobrevivir ao Planeta Terra. A medio camiño entre a Caixa Negra e o popurrí dunha especie tragicómica.
Corenta e dous anos máis tarde, a obra revisa eses materiais que nos contan moito máis sobre nós mesmos do que a axencia espacial nunca puido imaxinar.

