Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Contos de contrabando

Antes os contos pasaban de boca a orella, agora, ademais, pasan de ollos a boca e a orella. Contámonos contos que lemos ademais dos que oímos, e, se nos gustan, recomendamos os libros! Así podemos, cada quen, facer a nosa versión do conto desde a orixinal. Así que, vou contar contos que lin, co desexo de que vos gusten; e a biblioteca vai ofrecer os libros, para que imaxinedes eses contos, e máis, á vosa maneira.

Galego

Los niños del Winnipeg

Os textos ao igual que toda a obra foron creados especialmente para rendir unha homenaxe a todos os nenos e nenas  que viaxaron a bordo do Winnipeg, fuxindo da guerra civil española.

E a Pablo Neruda, quen fixo posible esta increíble fazaña.

A actriz iranos mergullando nesta historia a través dos ollos de catro pícaros que viaxaban no barco da esperanza.

Galego

Fíos

"Fíos" é un espectáculo que fía palabras, tece contos, calceta historias e cose puntada a puntada cada nota de música. Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos, unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda, coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.

Galego

Libre coma os paxaros!

Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais.

Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserables condicións de vida que aquelas teñen que soportar.

Galego

Feo!

Feo!un espectáculo de pequeno formato inspirado enO patiño feo de Hans Christian Andersen. A pequena fábrica de patiños de goma de “Il Papero Guiallo” produce todos os días centos e centos de patiños do mesmo tamaño e cor... pero un día sae un patiño de goma diferente. Feo! é un canto á diversidade e á esencia dun mesmo, unha comedia para toda a familia.

Premio María Casares 2016 ao Mellor espectáculo Infantil

Galego

Mocos

Neste atribulado tempo no que a escola é un dos ámbitos eivados polo COVID, Mocos é un divertimento escénico que, a xeito de desagravio, xoga coa memoria herdada dese mundo que, máis ou menos a gusto ou a desgusto, todos habitamos algún día.

Galego

A habitación de María

A soada escritora Isabel Chacón cumpre hoxe 80 anos. A flamante gañadora do Premio Planeta, que non puido recoller en persoa pola agorafobia que sofre, celebra hoxe o seu aniversario sen ningún tipo de acto público, nin familiar, como vén sendo habitual nos últimos anos.

Son 43 anos en concreto os que Chacón leva recluída no seu domicilio pola súa condición, a planta 47 dun rañaceos madrileño que converteu na súa fortaleza e onde todo o que necesita (comida, roupa, medicamentos...) élle levado a casa.

Galego

Conexión Pingüin

Unha reflexión cómica, en dous tempos, as dúas voces, sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte, mamá non se decata, cordas enredadas, un mapa, un compás, un GPS, ... 

Galego

Mestre ma non troppo

Mestre ma non troppo é unha comedia triste, un sorriso acedo que nos acompaña de volta á casa convidándonos a pensar sobre a nosa propia actuación e sobre as nosas metas. Na sociedade dos “talent show”, que estimula a competitividade desde idades temperás coma “modus operandi” está mal visto ser un perdedor. Ninguén nos educa para asumir a derrota o que xera en nós un mecanismo de defensa que nos impide recoñecer os nosos erros e limitacións. Un mestre da guitarra. A presión por ser o mellor. Expectativas non cumpridas. Este é un espectáculo centrado na poética do fracaso.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro