Fábulas da montaña
Fábulas da montaña, unha montaxe teatral con monicreques da compañía Larraitz Producións Artísticas para render homenaxe neste ano 2021 ao aniversario da ferrolá Concepción Arenal.

Fábulas da montaña, unha montaxe teatral con monicreques da compañía Larraitz Producións Artísticas para render homenaxe neste ano 2021 ao aniversario da ferrolá Concepción Arenal.
Unha estraña parella de dous amigos, case irmáns, que mentres están a esperar, falan, discuten, xogan, desafíanse, reconcílianse, ámanse, repélense. Chega outra estraña parella, aínda máis estraña, e o xogo diversifícase. Godot non chega, pero chega o seu emisario.
Cheas de humanidade en personaxes desamparados, errantes, desacoplados, que nos lembran que o ser humano, aínda en situacións moi difíciles, é quen de erguerse ou, canto menos, como fai Estragón no final da obra, de volver poñer os pantalóns, que a falta de cinto átanse cunha corda.
O irmán pequeno da familia Aumont, Toni, vive illado no seu cuarto trala dura separación coa súa muller Beatriz.
A chegada dunha carta dos servizos sociais coa noticia de que a súa irmá, Magda, morta fai dez anos está viva, enfrontará á familia e a súa ex-muller a un pasado que semellaba esquecido.
Compañía: Abismo Caracol
Director: Xosé Leis
Guión: Darío Autrán
Intérpretes: Darío Autrán, Nerea Brey, Sabela Hermida
Luis é propietario dunha editorial de libro spara nenos en horas baixas. O seu socio e amigo Álvaro, co que comparte oficina, pídelle que lle preste o seu apartamento pola noite para "entreter" á súa última conquista.
Peor ao mesmo tempo Rocío , a muller de Álvaro , tamén solicitou o apartamento par esa mesma noite a Bea, muller de Luis. Vaia lea de saias e pantalóns!
Arre ru é unha palabra que vive na boca. Non quere dicir nada, pero a ábrea o asombro, o RRE a repetición, e o RU a delicadeza.
Ao finalizar as festas, sempre queda ese momento difícil de describir no que o mundo entristece, cando baixa esa adrenalina.
Esta conversación entre Thomas Noone e a súa alter ego, no que un home reflexiona sobre as conversacións e encontros pasados, un diálogo tan intenso como absurdo, no que as verdades, soños e mentiras son expresadas con danza e un monicreque rebelde.
Thomas Noone Dance é unha compañía de danza de Barcelona creada polo bailarín británico coa intención de transmitir emocións a partir dunha forte
Textos de Mafalda Bellido, Juan Mayorga, Juan José Millás, Alfonso Plou, Laila Ripoll e Pepe Viyuela
Dirección de Santiago Sánchez, Carlos Martín, Mariano Llorente e Jesús Pena.
Vidas Enterradas é un serial radiofónico creado polos xornalistas Javier do Piñeiro, Conchi Cejudo e Gervasio Sánchez para prográmao para vivir que son dous días da Cadea SER.
Estamos ante unha das grandes obras mestras de Calderón da Barca. Unha obra que recolleu grandes eloxios de diversas tradicións teatrais europeas como a alemá, a polaca ou a rusa. Unha obra que levou a Goethe a dicir en 1804, nunha carta a Schiller, que se toda a poesía do mundo desaparecese, sería posible reconstruíla sobre a base do príncipe constante.
Amparo é:
Abrigo, defensa, favor, asilo, seo, protección, refuxio, axuda.
O Bar que se tragou a todos os españois conta a historia de Jorge Arizmendi, un cura navarro que en 1963, con trinta e tres anos, decide cambiar de vida, deixar o sacerdocio, e viaxar a Estados Unidos para aprender inglés e márketing. O lugar no que aterra chámase Orange, no estado de Texas. Alí unha congregación de pais escolapios axúdalle a atopar traballo como vendedor de aspiradoras. Un dos lugares que visita é un rancho no que vive un matrimonio que acaba de sufrir o falecemento dun fillo.