Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Soga e Cinsa

Soga e Cinza, tríptico renacentista para 11 bruxas en 92 minutos, aborda a caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII, co obxecto de visualizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista. Horror, humor, reflexión, plasticidad e emoción son as apócemas principais deste esconxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen en escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do recoñecemento.

Galego

Anxos abandonados en mosaicos despois do combate

Cun fondo claramente antibelicista e de defensa da beleza, a realización escénica xira ao redor dunha idea: a necesidade de que existan seres que coiden deste maltreito mundo. A peza recrea as figuras: anxo, pallaso e soldado. A primeira delas dende unha perspectiva alegórica da bondade, a segunda como xogo retórico e esperpéntico do propio teatro e a terceira como vítima da violencia exercida -mesmo cando non hai vontade real-.A obra ten un formato próximo ao circense na súa estrutura fragmentaria e na visibilidade do presente absoluto.

Galego

Hoy puede ser mi gran noche

É unha festa teatral, un peza cómica e musical, un exercicio de autoficción que conta a fascinante historia dun cantante de orquestra na Galicia dos 90 e a súa filla, cuxa máxima aspiración é ser como o seu pai. Neste espectáculo unha actriz e unha músico en escena despréganse en múltiples voces para facer unha emocionante viaxe ao pasado, a un mundo cargado de exotismo co fin de entender esa estraña amálgama que resulta do que un día quixemos ser e o que somos.

Galego

Salvador

Chega o Ciclo de teatro "Sen numerar" na súa convocatoria de Primavera 2021, no que se representarán nove obras de teatro no Auditorio do Forum Metropolitano.

Volve a programación de "Sen Numerar", cun total de nove representacións en diferentes datas, desde o 29 de xaneiro ata o 11 de xuño. Todas elas no auditorio do Forum Metropolitano. 

Galego

A.K.A (Aslo know as)

A.K.A. (Also known as) é a historia sobre a identidade dun adolescente normal de clase media que nos mostra un periodo da súa adolescencia no que tremen as súas raices, co trasfondo dos prexuizos e o racismo.

Carlos, chámome Carlos. Teño 15 anos, ou 16... vou á escola, abúrrome; quédome no parque cos compañeiros; hip-hop dance ... e un día coñezo a Claudia e ... maxia.

Galego

Clausura do Amor

“Clausura do amor” é o texto máis representado do francés Pascal Rambert, estreado en Avignon e traducido a máis de dez idiomas. Trátase dunha obra de resistencia física e emocional, onde os dous intérpretes deben abrirse en canal para enfrontarse a un texto visceral sobre a fin do amor.

O espectador asiste ao acto mesmo de clausurar o amor, de matalo en escena. Un duelo verbal que parte da dor, do medo e da liberación. Actuación e palabra. Nada máis. Un combate desgarrador e devastador, a través de dous monólogos intensos e inmensos.

IDIOMA: Galego

Galego

SEMENTE. O home que plantaba árbores

Elenco: Mercedes Castro

"A terra non é miña, eu son da terra"

A partir do libro O home que plantaba árbores de Jean Giono.

Inspirado en acontecementos reais, Semente. O home que plantaba árbores é unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu redor.

Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do lugar onde vive un lugar especial.

Galego

Riquete el del copete

Elenco: Felix Corcuera, Carlos Dávila e Patricia Rodríguez / Laura Igrexa

 

Un príncipe moi feo e moi listo cun copete de pelo na cabeza: Riquete o do Copete. Unha princesa moi fea e moi lista. Outra princesa moi guapa e moi parva. Riquete namórase dunha delas. Que pasará coa guapa? Que pasará coa fea?

E se non estamos moi de acordo co final do conto de Charles Perrault? Poderemos cambialo?    

Unha revisión do clásico de Charles Perrault adaptada ao século XXI

Galego

Quixote

Elenco: Juan Rodríguez e Pablo Sánchez

Quixote es el segundo espectáculo de Pedras de Cartón. En esta ocasión afrontan el texto de Cervantes, uno de los más conocidos de la literatura española, en clave de comedia. Con una estética inspirada en el payaso clásico (muy al estilo Fellini) y en clave de clown, afrontar las escenas más icónicas de la novela, de la relación antagónica entre Quixote y su escudero Sancho. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro