Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Curva España

Elenco: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leti Blanco

A historia da curva na que se matou España.

Nos últimos anos Chévere realizou unha serie de traballos que exploraron as posibilidades do teatro-documento e a memoria colectiva como desencadeantes dunha ficción teatral. Este proxecto é un paso máis para afondar nos mecanismos narrativos que xorden na fronteira entre a realidade e a ficción, entre ahistoria e a lenda, entre apantalla e o escenario.

Galego

Conexión Pingüín

Elenco

Luís Iglesia

Marcos Orsi

 

Despois do éxito da anterior montaxe, Sénior (2018), Culturactiva Producións volve convocar a Luis Iglesia e Marcos Orsi neste espectáculo cómico escrito por Jose Prieto.

Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todo os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo...  Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas. 

Galego

Comando Comadres

 Comando comadres a través do humor e a creación escénica, ataca as fondas raíces do sistema heteropatriarcal explorando as moitas formas e manifestacións que adopta a violencia sexista, e cuestionando a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico.

O noso Comando establécese como un pequeno grupo de artivistas preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión. É un Comando activo de estratexias irreverentes e impredecibles.

Galego

ITALINO GRAND HOTEL

Elenco: Jordi Magdaleno

Quen lava as miles de sabas dos hoteis?

No último soto do ITALINO GRAND HOTEL está a lavandería.  Alí, un personaxe solitario lava, pasa o ferro e perfuma a roupa. Vive só, soña entre sabas e esconde a soidade conversando coas máquinas e xogando coa súa propia sombra.

Galego

Comando comadres

Un espectáculo en clave de humor para público adolescente e adulto no que un grupo de artivistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual e na xestión dexenerativa dos recursos naturais.

A peza está composta por cinco comandos de temáticas diferentes:

COMANDO MEIGAS céntrase na demonización das mulleres que non encaixamos no modelo patriarcal.

Galego

O mentireiro

O grupo MDM, poñerá en escena a obra de Carlo Goldoni O mentireiro unha simpática comedia, para todos os públicos, dividida en tres actos que relata a historia dun mozo que xamais puido dicir a verdade. Bufóns, burgueses e a xente do pobo conviven en ?O mentireiro.? Elenco artístico: Daniel Vignolo, Mauricio Albera e Javier Quella.

Galego

Strela do día

EXCENTRICAS lanza un novo espectáculo para iluminar estes sombríos tempos de escuridade e desánimo. STRELA DO DÍA virá alumar os nosos corazóns con toda a divina parafernalia do teatro: a música e a comedia, a sorpresa e a cor, a emoción e a fortaleza. En definitiva, a invención dun novo mundo diante dos nosos ollos. Unha visión actualizada dos milagres de santa María aplicados aos problemas actuais (asombrosamente parecidos aos daquel século XIII).

Galego

Soga e cinsa

SOGA E CINSA, tríptico renacentista para 11 bruxas en 101 minutos, aborda a Caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista.

Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as pócimas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen a escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida, nunha peregrinaxe de sombras espectrais que procura as luces da xustiza e do recoñecemento.

Elenco artístico:

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro