Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Danza da choiva

Elenco artístico de Elefante Elegante:
Gonçalo Guerreiro e María Torres

Qué acontería se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que se fai o espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan.

 

 

Galego

Daimon y la jodida lógica

O destino, a voz da conciencia, a intuición, o chimpo creativo.

Anxo ou demo, o susurro da voz interior que detén ou empurra.

Significado que podemos interpretar pero non comprender

Ialma, animal interior: profundo, fatal, opaco

Presencia oculta, imprevisible, que determina actos e decisións que non podemos explicar racionalmente.

Ás veces escondido e ás veces dous pasos por diante.

Ocúpanos, acompáñanos, céganos, impúlsanos.

Entra, aínda que pechemos a porta.

 

Galego

Melancoholemia

Sobre un texto propio, Antón Reixa, interpreta a un paciente dunha institución mental que recibe aos convidados nunha sesión de “portas abertas”. O texto, en clave satírica e na máis pura tradición do “teatro do absurdo” glosa o chamado estado de “melancoholemia”, a carencia de forma de ser.

Galego

Da avaricia, a luxuria e a morte

En Ligazón, a avaricia é un colar que enxoia o espertar do desexo erótico máis primario e animal, pero sobre todo é un inmenso e brutal berro de reafirmación da propiedade da muller sobre o seu propio corpo. A confabulación da Raposa e a Venteira non será quen de afogar a ansia de emancipación dunha moza cos seus obxectivos perfectamente trazados. A noite, a lúa, os cans, delinean un pacto de sangue que conducirá á morte, máis tamén á liberdade.

Galego

Crónicas do Paraíso

Elenco: Fernando Dacosta, Elena Seijo, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja.

 

"…, e porque vexo nos vosos ollos, señor Sochantre, tanta sorpresa como medo, quero asegurarvos de que toda esta compañía, aínda que sexa de  réprobos, pantasmas, aforcados e sombras, é un batallón de xente pacífica.”

Galego

Cousas de casa

Un espectáculo de títeres de guante divertido, pícaro e tenro para exhibir en sala, rúa ou espazos atípicos que realiza un percorrido por aqueles conceptos que nos permiten reflexionar acerca da igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos, con especial énfase na reincorporación profesional da muller despois de ser mai e a corresponsabilidade do home como pai nos coidados do novo menbro da familia, bebé.

Galego

MAUTHAUSEN. La voz de mi abuelo

O espectáculo quere transmitir o testemuño real de Manuel Díaz, sobrevivente ao campo de concentración nazi de Mauthausen, a partir dos recordos gravados por el mesmo antes de morrer, aos que dá vida Inma González, a súa propia neta.

MAUTHAUSEN. A voz do meu avó é un canto á vida, á fortaleza do ser humano, á solidariedade e ao humor como unha estratexia, literalmente, de supervivencia.

Galego

Curva España

Elenco: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leti Blanco

A historia da curva na que se matou España.

Nos últimos anos Chévere realizou unha serie de traballos que exploraron as posibilidades do teatro-documento e a memoria colectiva como desencadeantes dunha ficción teatral. Este proxecto é un paso máis para afondar nos mecanismos narrativos que xorden na fronteira entre a realidade e a ficción, entre ahistoria e a lenda, entre apantalla e o escenario.

Galego

Conexión Pingüín

Elenco

Luís Iglesia

Marcos Orsi

 

Despois do éxito da anterior montaxe, Sénior (2018), Culturactiva Producións volve convocar a Luis Iglesia e Marcos Orsi neste espectáculo cómico escrito por Jose Prieto.

Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todo os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo...  Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas. 

Galego

Comando Comadres

 Comando comadres a través do humor e a creación escénica, ataca as fondas raíces do sistema heteropatriarcal explorando as moitas formas e manifestacións que adopta a violencia sexista, e cuestionando a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico.

O noso Comando establécese como un pequeno grupo de artivistas preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión. É un Comando activo de estratexias irreverentes e impredecibles.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro