Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Gloria nacional

Elenco: Miguel Pernas, Luma Gómez e Manuela Varela

Uxio Rodas, escultor e pintor duns 60 anos, é considerado polos seus contemporáneos unha auténtica gloria nacional. As súas esculturas están nos mellores museos internacionais e ten sobre as súas costas unha longa e importante carreira de creador honesto e impoñente, con exposición e grandes ventas en todos os países do mundo.

Galego

El Alemán

O Alemán é unha peza, con vocación experimental, escrita, dirixida e interpretada por Diego Anido, que orbita sobre a idea do Sacrificio a través do absurdo cotián.

Durante os 50 minutos que dura da peza mergullámonos na rutina angosta dun personaxe a partir dunha linguaxe que se nutre dunha formación multidisciplinar en artes escénicas.

No Alemán Diego Anido parte da data de caducidade dun Yogurt para mostrarnos unha realidade deformada onde este dato aparentemente intranscendente convértese no escollo desencadenamento da acción.

Galego

Crusoe

En Markeliñe gústanos utilizar os textos clásicos e coñecidos para darlle unha pequena volta de porca. Nesta ocasión xogaremos co naúfrago solitario na súa illa para facer unha metáfora da vida, comezando polo nacemento que non é senón un naufraxio que che abandona á túa sorte na solitaria illa do teu destino.

Crusoe aprenderá a comer polos seus medios, a relacionarse cunha contorna diferente e a ter relacións con seres reais e imaxinarios. A súa vida está constituída polo que lle sucede e polo que a súa mente interpreta, como a de todos. E ambos os mundos son igualmente reais.

Galego

Semente de Ajidanha

Baseado nunha historia real. O Homem Que Plantava Árvores é unha historia inesquecíbel sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo. Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do sitio onde vive un lugar especial. É unha historia admirábel que nos mostra como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando só os seus propios medios, consegue reforestar só unha das rexións mais inhóspitas e áridas de Francia.

A partir de O homen que plantava árvores de Jean Giono.

Galego

Guerra de Identidade

Elenco: Deborah Vukusic

Esta é a historia dunha filla e un pai. En todas as historias entre pais e fillas hai unha guerra (se non é sempre) máis ou menos metafórica. Neste caso esa guerra é real: a de Iugoslavia. Deu para facer un libro e da para unha peli de acción ou mesmo unha serie con varias tempadas pero imos a modo. Empezamos polo monólogo da filla.

Galego

Jojó

Jojó, é o nome do primeiro orangután que foi rescatado do seu cativerio e que significou o inicio do proxecto Animal Rescue, unha organización non gubernamental que loita por salvar animais en catividade e rehabilitalos no seu medio natural. O espectáculo conta a historia de Jojó. Actualmente Jojó aínda vive e é un grande orangután macho. Unha fermosa proposta escénica de poesía visual sen texto, usando a area e manipulación de monicreques con música en directo.

Teatro visual, arte con area, monicreques e música en directo

Galego

Hansel e Gretel de Borobil Teatro

Hai tempo alguén roubou todos os libros de cociña do mundo. Agora a xente só come hamburguesas nas Amonioburguers. Juan Mari é un famoso cociñeiro. Desde que desapareceu o seu libro de receitas perdeu os clientes, está a punto da ruína e o banco ameázao con pecharlle o restaurante. Os fillos Hansel e Gretel deciden ir falar co banco, pero para iso terán que pasar polo bosque e a lenda di que no bosque hai unha árbore que dá mazás de caramelo. O que probe esas mazás non voltará á casa...

Teatro actoral e movemento Duración: 50 minutos Recomendado a partir de 6 anos

Galego

As virxes salvaxes

As virxes salvaxesé unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden.

Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas até o final. Máis chegaron as présas e os apuros da cultura urbana e nela, os maiores non teñen cabida, son un estorbo, e preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso.

Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución.

Galego

Riquete o do copete

Un príncipe moi feo e moi listo cun “copete” de pelo na cabeza: Riquete el del copete.

Unha princesa moi fea e moi lista. Outra princesa moi guapa e moi tonta. Riquete namorase dunha delas.

Que pasará coa guapa?

Que pasará coa fea?

Unha versión peculiar do conto clásico de Charles Perrault.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro