CÁMERATA LÍRICA ZARZUELA MARINA
Adaptación escenificada de Emilio Arrieta. Unha lección de bel canto nesta obra puntal da lírica española. Trátase dunha historia de amor, en segredo, de Marina e Jorge, ela unha mociña orfa e el un mozo que chega a capitán de barco. Unha sucesión de equívocos e leas sentimentais, que afortunadamente rematan cun final feliz.

