O paseo de Robert Walser
Un pequeno grupo de persoas pasea pola cidade seguindo o escritor suízo Robert Walser, interpretado por Esteban Feune de Colombi. Proposta escénica a pé, inspirada no universo e con textos deste escritor da primeira metade do século XX, cada vez máis admirado nos nosos días.
No camiño prodúcense encontros, improvisados ou non, aparicións, figuras pasaxeiras que fan observar doutra maneira a paisaxe cotiá. O acto de pasear como outro modo de exercitar a mirada e de habitar o tempo, abertos, tamén, ao inesperado.

