Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O electo - Contraproducións

Nun hipotético tempo, nunha suposta situación, por un deses azares da aritmética parlamentaria e das conxunturas políticas... un candidato a Presidente da Xunta conseguiu o seu propósito, a grande meta da súa vida. O día da toma de posesión, a piques de dar o discurso de investidura, aparece un atranco inesperado: un estraño e choqueiro tic nervioso ameaza con ridiculizar, ou mesmo arruinar, tan solemne e esperado momento. Alarmado, reclama asistencia médica.

Galego

Si esto es un hombre

En 1944, Primo Levi foi deportado a Auschwitz. Tiña 24 anos. Durante a súa estancia no campo, empezou a escribir ?Se isto é un home?, o relato dos dez meses que estivo prisioneiro.
En 2020 (76 anos despois), un actor entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para tentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores do Século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado.
Unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo.

Galego

Soma: Javier Martín Danza

Soma é unha experimentación escénica e matérica que se concentra no estudo do corpo e do movemento como sombra e fragmento. A medida e o peso son expresión da súa potencia e desaparición, a súa necesaria greta e abismo. Un saír do rito.
Instalación e performance que bailarín, escultor e iluminador comparten, transitando por diferentes estados físicos, conceptos estéticos e calidades de movemento, relacionándose e esvaecendo roles mediante esculturas, materiais, ambientes, obxectos e coreografías que se van despregando nun espazo conformado ante o espectador.

 

Galego

Play

Non! Non se abre o pano ao empezar! Antes, hai que “construír” o escenario. E enchelo de coxíns. E colocar ao bailarín. E iluminalo todo. E entón e só entón, o escenario cobra vida, suspendido. Para xogar á “ gallinita ciega”. Ou para entrecruzar gomas e participar nun antigo videoxogo. Para saltar sobre o sofá, ou descubrir cisnes buscando o seu lago. Para seguir a cans bailaríns que escoitan gatos ou encherse a cabeza de aire. Para provocar fogos artificiais ou danzar todos xuntos. Play é unha festa sen respiro que contaxia alegría, alenta o sorriso e comparte diversión.

Galego

Redford & Newman. Dos hombres sin destino

Redford e Newman eran dous amigos inseparables na universidade, pero a última vez que se viron foi na voda de Redford, fai xa case vinte e cinco anos. Redford e Newman eran os seus motes da época universitaria. 

Newman permaneceu solteiro. É un recoñecido marchante, ten unha galería de arata e vive nun coqueto e moderno apartamento con decoración minimalista na que domina a tecnoloxía e a arte moderno. 

Viches sempre impecable, e é un home extremadamente pulcro, ordenado, rigoroso, metódico, puntual e moi maniático. 

Galego

La Última Tourné

Despois de tres anos de éxito nos teatros de España coas comedias musicais ‘El amor está en el aire’ e ‘El amor sigue en el aire’, o autor e director Félix Saboroso e Seda Producciones repiten coa mesma troupe de artistas. Cunha nova e luminosa montaxe, unha nova comedia musical. Bibiana Fernández, Alaska, Mario  Vaquerizo, Manuel Bandera, Marisol Muriel, Cayetano Fernández e algún convidado sorpresa.

Galego

Caperucita, la versión más loca de la historia

Dous contadores de historia chegan ao teatro para contar e representar o conto para os máis pequenos. Esta curiosa coincidencia fai que ambos os personaxes teñan obrigatoriamente que compartir o espectáculo e os seus personaxes e coas divertidas situacións que se lles vai a presentar. Quen será o lobo? Quen Caperucita? O cazador? Unha divertida, disparate e diferente versión do conto de sempre.

Un espectáculo que non deixará indiferentes nin a nenos nin maiores.

Galego

Zapatos nuevos

Un neno estrea zapatos e vaise ao río a merendar. Polo camino, descobre o mundo qu o rodea: rúas, casas, paisaxes, persoas e animais. Os seus zapatos van acumulando experiencias e el, aos poucos crece.

O tamaño dos zapatos acompáñanos no transcurso dos anos. O tamaño mide o pé, pero tamén a  idade, as vivencias, a forma como camiñamos pola vida. Pasan os días, os anos e as caixas de zapatos. Pequenas, medianas, grandes ...

 

Autor e director: Jordi Palet i Puig

Autor e manipulador: Tian Gombau

Público: + 4 anos

Espectáculo en castelán

Galego

Os nenos da varíola

30 de Novembro de 1803: “​A Real Expedición Filantrópica da Vacina​” parte dende o porto da Coruña. ​Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade. Pérez&Fernández en coprodución co ​Centro Dramático Galego presenta a adaptación á escena da novela de ​María Solar “​Os Nenos da Varíola​”.

Galego

Minotaurus vulgaris

Sobre os mitos constrúense as culturas, pero as culturas son dinámicas, mudan. Dende a idea esencial do mito do Minotauro,  xogamos con a descubrir múltiples camiños que nos levan a outras tantas interpretacións posibles, moi acaídas á realidade actual.

Os mitos existen, por que existe aquelo que foi nomeado. E para dar nome ao descoñecido, é imprescindible emprender unha viaxe chea de decisións por tomar. Acompáñasnos?

 

Intérpretes: Isabel Herrero Díaz e Anxo Manuel Lamelo Fernández

Compañía: Lucecús Teatro

Espectáculo en galego

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro