Medida x medida
Sucede nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cae a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a mocidade hedonista. Un xove de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella, a súa irmá monxa, a abandonar o convento por tres días coa tentativa de salvar a vida da súa pecadento irmán. Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a súa brancura virxinal.

