Teatro Invisible
En decembro de 2012 a ESAD convidou a Ana Vallés a un encontro con alumnos de dirección sobre as formas teatrais de Matarile. Este encontro concretouse nunha conferencia de aparencia teatral que deu lugar a un coloquio, e a partir desta experiencia decídese desenvolver Teatro Invisible, onde se mostran as principais claves do teatro de Ana e de Matarile.