Medida por medida de Shakespeare
Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais.

Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais.
O espectáculo nace na rúa e móvese ata o escenario. O espectador vive esta experiencia. Desexo, necesidade, secreto, violencia, tenrura, dor, pracer, compañía, pagar por sexo, cobrar por sexo. A experiencia da prostitución, poñerse no seu lugar, subirse aos seus tacóns, correr o risco, comprender.
Saabor! mestura música, maxia, humor e moito ritmo. Félix Rodríguez e Fran Rei, protagonistas desta peza, convértense durante 75 minutos en dous recoñecidos cociñeiros que nos ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, ben afinado menú do día: unha comida moi musical para toda a familia.
O lume e maxia combínanse neste espectáculo para achegarnos un pouco máis ós misterios da nosa Galicia máxica. Ó rematar recitarase o conxuro da queimada facéndonos viaxar no tempo cun ambiente cheo de intriga e misterio.
(15 LITROS DE AUGARDENTE)
MISTERIO
LUME
MAXIA
Elenco: Manuel Castro e Fausto Domínguez
O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 pon en escena tres actores (María Barcala, Xulio Lago e Alexandre Lago) e un pianista (Nani García) que, baixo a dirección de Xulio Lago, cunha proposta que toma como linguaxe principal unha das expresións máis relevantes da cultura galega: a voz poética.
O mel non caduca é unha peza teatral ofrecida polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Xestada a partir dun proceso de creación colectiva, trata da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.
Reserva de entradas: cultura@muros.es
Teatro Ghazafellos volve ao FalaRedes con Monstros no Camiño, unha divertida comedia para nenos e nenas de 4 anos en diante e as súas familias, que o pasarán de medo con esta historia.
Teatro do Atlántico celebra na sede do Centro Dramático Galego os seus 35 anos sobre os escenarios coa reposición de catro das súas últimas montaxes máis recentes. Así, a compañía que dirixe Xúlio Lago porá en escena o xoves 1 de outubro 'Helena: xuízo a unha lurpia', de Miguel del Arco; o venres día 2, 'A conquista da escola de Madhubai', de Hèléne Cixous, e o sábado 3, 'Dúas donas que bailan', de Josep María Bernet i Jornet. O domingo día 4 resérvase para o espectáculo-recital de poesía galega contemporánea de varios autores 'De abrentes e ocasos'.
Unha muller absolutamente común, desas que saben que non aparecerán xamais en ningún libro de historia, descobre case por accidente que se está a facer vella, e que se non muda algunha cousa vai morrer conxelada. Decide entón, concretar unha das súas fantasías e convidarnos para que sexamos testemuñas do seu gran momento.
O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.