Chicago Killers
Chicago Killers é unha adaptación do exitoso musical «Chicago», que incorpora elementos de The orange is the new black, Public Enemies e Pulp fiction, entre outras.
Unha comedia ambientada na Illinois dos anos 50, no medio dunha onda de crimes, corrupción e manipulación mediática.
Sempre en clave de humor, asistimos ao paso por prisión das soadas Amber Diáz e Emily Cooper, as encantadoras asasinas de Chicago que agora están aquí, brillando con luz propia, para tentar roubarnos o corazón.

