Liberto- Marelas Produccións
Liberto conta a historia en primeira persoa de Ada, unha muller nova que envorcou nun texto teatral a experiencia máis determinante da súa vida. O nacemento do seu segundo fillo trouxo unha viaxe ata as profundidades da súa natureza. Durante o parto o neno quedou uns intres sen osíxeno. A vida de Ada dende ese momento fai equilibrios entre a esperanza e o medo. Querer o mellor para Liberto, querer que sexa libre. Como comprender que a propia morte é parte da vida e asistir ao espectáculo de como a súa presenza desata os mecanismos vitais precisos para amarrarnos á vida.

