Aguratrat
O Señor Hoppy, un home algo maior, moi tímido e amante das plantas está profundamente namorado en segredo da súa veciña, a Señora Silver, unha muller que vive acompañada da súa TARTARUGA Alfie. A Señora Silver, está preocupada porque Alfie non aumenta de peso e crece moi amodiño…O Señor Hoppy verá niso a posibilidade de gañar o seu corazón.

