Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Esos extraños cacharros de papá

Propoñémosche mergullarche nunha trepidante historia desde os ollos infantís e inxenuos de Manu. Descubriremos estraños obxectos, un misterioso contedor e unha familia peculiar.

Dreawalkman nace como un proxecto artístico, espertar emocións e facer pensar a aqueles que se acheguen a ver a obra. Con este proxecto o artista desmárcase do proceso convencional e do normal, tentando labrase un nome onde máis interesa, é dicir, nos escenarios.

 

Galego

Unha de piratas

Os nosos Piratas desembarcan en busca de nova tripulación para ou seu barco , son algo brabucons e mostran todas as súas habilidades, pero todo aquel neno ou meniña , pai ou nai , que sexa capaz de pasar as probas con eles , terán a sorte de poder embarcar non seu barco e sucas vos sete mares.

Espectáculo para todos vos públicos , non que se mostran diferentes habilidades cicrcenses , e unha constante interacción co público .

Elenco: Marcos Bejarano e Jonathan Valencia

Galego

Ula Lúa?

Ula Lúa é un espectáculo dirixido a un público familiar, onde valores como a tenrura, o respecto oua solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo ondea violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

A gatiña Lúa non ten irmáns e a avoa non lle deixa saír fóra, mais ela soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas para xogar. Cando logra saír atópase cun gato que tamén intenta impedirlle que realice os seus soños, pero Lúa di NON, porque ninguén ten dereito a destruír os seus soños e ilusións.

Galego

Pequeno Cabarét Infantil

Autor: Nelson Quinteiro Roia

 

Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste na instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo dunha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis creciditos transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.

Galego

O meu mundo non é deste reino

Un par de trapeiros chegan a unha parada no seu camiño despois de días de longa viaxe cara á Feira do Vento. Traen consigo unha carga enorme de todo tipo de obxectos estraños: cortinas rimbombantes, paus de todos os tamaños, bolsas das que despuntan teas dunha chea de tecidos e cores distintas, e algo que semella ser unha enorme e aparatosa mochila de madeira. Abraiados ante a abundancia de público, dispóñense a situar as súas pertenzas no espazo con ánimo de venderlle algunha aos alí reunidos.

Galego

Chola, a it girl

Elenco: Laura Villaverde

Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ao máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, que nos gusta, que nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.

Galego

O Candil

 

Carmen, tras unha longa xornada cargando peixe no porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabellón Lino, un famoso teatro de variedades. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as grandes personalidades do momento. Esta, ve nas dúas mulleres boas calidades artísticas e invitaas a participar no seu show. Carmen e Marica acaban aceptando, case perdendo de vista, o propósito oculto que as levou ó teatro.

 

Dirección: Rosa Puga Davila e Sara Fandiño

Galego

O Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago é a historia de Santiago e Mariña, dous irmáns que non xogan xuntos, pero que aprenderán a facelo.

Como cada noite, Santiago emprende o seu camiño acompañado de Branco, o seu cabalo inseparable. O que non espera é que hoxe se atopará no seu soño con Mariña e a súa gatiña Lupe. Vivirán aventuras e cantarán cancións para chegar ao Castelo Máxico (A Catedral de Santiago) para atopar o tesouro escondido.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro