Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Lázaro de Tormes

Pedras de Cartón presenta "LÁZARO de Tormes",  un espectáculo baseado no coñecido clásico da literatura, por primeira vez contado case sen palabras. Un espectáculo para toda a familia narrado en clave de comedia a través dun coidado traballo de máscaras dirixido por Pablo Sánchez e unha banda sonora orixinal  creada por Davide González.

Galego

A tropa do Doutor Milagre

Un explosivo espectáculo de rúa onde grandes e pequenos poderán probar de primeira man os "efectivos" produtos do Doutor Milagre. Sufre de alopecia? Síntese debil e decaído? Sen apetito...de ningún tipo? Probe os produtos do Doutor Milagres e desaparecerán todos os seus problemas! Agobiado polas débedas, e coa necesidade imperiosa de facer fortuna, este atolado médico/inventor farase cun vello autobús para convertelo nun auténtico show da venda ambulante. Música, improvisación, xogo, baile, comedia, diversión e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.

Galego

Rosalía

O espectáculo trasladanos a Rosalía de Castro na súa nenez, a unha Rosalía atrevida, máxica, activa que nos amosa o porque da súa obra dun xeito realmente ameno e divertido.

María Rosalía Rita agóchase no faiado, pechando a porta tras ela, facéndose forte nese lugar máxico que ben coñece, que habitou en segredo e que está ateigado de tesouros. Hoxe mesmo veñen buscala, xa lle puxeron o seu traxe de fidalguiña e uns zapatiños que non lle acaban de acaer ben. Debe abandonar a aldea para ir vivir coa súa nai despois de anos baixo a tutela das súas tías paternas.

Galego

A nena e o grilo máis aló

Teatro Ghazafehos: Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas.

Magín - guitarra e voz

Cristian Legiero - teclado

A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.

A Nena e o grilo e máis aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas. Que pasa logo da morte?

 

 

Galego

As fabas máxicas

Autoría e adaptación: Laura Sarasola e Juan Rodríguez

Elenco: Suso Jalda e Juan Rodríguez

Caramuxo teatro presenta unha adaptación do conto clásico Xan e as fabas máxicas nunha clave máis contemporanea, misturando o teatro de actor e monicreques. 

Xan e a súa avoa vivian nunha pequena casa co único que tiñan, unha vella vaca chamada Flora que xa non daba leite. Un día Xan cambiará a súa amiga Flora por unha fabas moi especiais e ahí comezará unha fantástica aventura...

Galego

Protexendo o camiño

Iago e Peregrina teñen unha misión...Protexer o Camiño de Santiago.

A ela gústalle a fotografía a el debuxar. Xuntos percorrerán os camiños de Santiago para contar e dar conta do seu estado. Debuxaremos, contaremos e musicaremos esta historia de amor , aventuras e amor pola nosa cultura.

Elenco: Polo Correo do Vento , Enrique Mauricio e Carlos Taboada, e Antón Ke.

Galego

Protexendo o camiño

Iago e Peregrina teñen unha misión...Protexer o Camiño de Santiago.

A ela gústalle a fotografía a el debuxar. Xuntos percorrerán os camiños de Santiago para contar e dar conta do seu estado. Debuxaremos, contaremos e musicaremos esta historia de amor , aventuras e amor pola nosa cultura.

Elenco: Polo Correo do Vento , Enrique Mauricio e Carlos Taboada, e Antón Ke.

Galego

Ritmo Refugallo

A animación, o clown e a música toman as rúas con Trío Refugallo, unha nova proposta da man de grandes músicos e actores con experiencia en compañías e grupos como Odaiko, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Os Tres Trebóns... Coa dirección de Fran Rei, esta mestura de clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público crean un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo.

Elenco: Félix Rodríguez, Olivier Cano y Óscar Prieto

Galego

Izquierdo Sisters Improchou

Espectáculo de improvisación teatral conducido polas Izquierdo Sisters que exercerán a un tempo de actrices, directoras, escenógrafas e dramaturgas das historias únicas e irrepetibles que serán creadas ó momento en escea coas aportacións in situ do público presente.

A través de varios exercicios de improvisación, xogando fronte ao público, xurdirán historias cargadas de humor e vida que nacerán e crecerán no mesmo intre de actualas. 

Elenco: Lucía Veiga, Marita Martínez e Javier Brandido (opcional)

Galego

Culto a Belenus

Espectáculo para as noites, música e lume. Unha posta en escea elegante e un nutrido conxunto de números de malabares con lume, fan desta actuación un fin de festa ideal para calquera evento.

Antorchas, cariocas lume, barras dobres lume e loita de espadas con lume.

Elenco: Sergio Prado, Sara Diz, Serxio Fernández e Yaiza López

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro