Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Eu quero ser galega

Elenco: Stephy Llaryora (única intérprete).

O espectáculo consta de dous partes diferenciadas, cada unha co seu contido e personaxe independente. Parte da súa graza está na transformación dunha a outra parte, así como no uso do castelán e o galego. Pasemos a resumilas e nomealas:

Galego

Acuario

Elenco:

María Canosa - poeta e actriz

Pepablo Patiño - actor e manipulador

Montse Piñón - actriz e manipuladora

Jorge Casas - actor e manipulador.

Galego

Os Rockenstein

Sinopse: O profesor Rockenstein é un brillante científico que pasa a súa vida metido no laboratorio investigando novas fórmulas para beneficio da humanidade. Pasa os seus días entre probetas, computadores, tubos de ensaio e microscopios, mentres goza da súa gran paixón: O rock&roll. Pero Rockenstein está triste, sente só. E de súpeto xorde a gran idea da súa vida: crear unha criatura! Un fillo con quen poder compartir o amor pola ciencia e polo rock&roll.

Galego

Os fabulosos Cleaners

Sinopse: Dous expertos operarios da limpeza descobren por casualidade as posibilidades que poden dar as súas ferramentas de traballo, combiadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas de xabón.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destas personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor.

Galego

Chapuzas a domicilio

Sinopse: Que pasa cando chamamos a unha empresa de reformas para que nos pinten a casa? Estamos seguros de a quen contratamos? Dous pintores que entre brocha e rodillo dedícanse a facer algo máis que pintar.

Historias divertidas e moita maxia!

 

Galego

O Folión do Zampón

Espectáculo de animación de rúa que conta cun xigante ou cabezudo, dous músicos, unha zancuda e un actor nun velocíclope, un vehiculo moi particular. Un espectáculo moi participativo e divertido.

Zampón, ou lambón é un espectáculo con música en directo no que se mesturan actores con figuras grandes e monicreques para contar unha historia de aventuras protagonizada por dous heroes moi especiais, Brais e Chispín, que terán que enfrontarse ao xigante Zampón, o devorador de palabras máis glotón do mundo. 

Galego

Titiriteiros

Técnica: Espectáculo de rúa con cabezudos e música en directo.

Sinopse:

“Unha voda moi singular”

A señora marquesa e o señor conde casan na praza da vila, non faltarán os padriños nin o cura nin as testemuñas. Estades todos e todas convidados á festa. Poñede as mellores roupas e aproveitade ben día.

“A caza do crocodilo”

O crocodilo escapa do circo e o seu domador intentará levalo outra vez para a casa. Cómprelle axuda para collelo, estade ben atentos¡¡¡

Galego

Os contos do Grúfalo

“Os Contos do Grúfalo”é un espectáculo de narración oral protagonizado por un ratiño que vai atopando diferentes animais que viven no bosque e todos o queren papar, pero de todos eles consigue salvarse con moito astucia e recurrindo a un ser imaxinario chamado “Grúfalo”, unha invención da súa cachola que se cadra finalmente non era tal.

Seguindo o fío conductor do ratiño coñecemos as relacións que hai entre os animais e as prantas e árbores do bosque, aprendemos que un bosque é un ecosistema vivo e sobre todo descubriremos a necesidade de amar e conservar a natureza.

Galego

Carapuchiña Vermella

Carapuchiña é unha nena duns nove anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da súa avoa para levarlle unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce. Na súa viaxe atoparase a un leñador, unhas árbores bailarinas e cun lobo... que fará das súas para intentar papala.

Toda a historia está narrada por Prácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir traballará arreo para escribir o conto máis bonito do mundo: Carapuchiña Vermella.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro