Teatro en familia: Gaia
Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos do medio ambiente desde unha óptica imaxinativa. Unha historia en movemento en que a pintura, a música e o audiovisual nos axudan a descubrir a intensidade, o poder, a beleza e os tesouros naturais do noso planeta. A importancia da interacción entre as persoas e a natureza é a clave desta obra.

