Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Teatro invisible

Como muller de teatro, que leu e releu aos teóricos - incluídos conceptuais, dogmáticos e intransixentes - decidín asumir a fatalidade e o encadeamento de sucesos como o elemento substancial dos meus actos pasados e presentes e concluín en verificar o sensentido de manuais e doutrinas á hora de comprender o funcionamento das cousas en xeral e das persoas en particular.

Galego

Spotlight - Can Cun Quiqué

O colectivo Can Cun Quinqué é un colectivo dinámico e implicado no tecido sociocultural da cidade que presenta a súa nova montaxe profesional. A peza constrúese mediante un proceso de investigación e residencias artísticas. Espazo inhóspito, onde nos sentimos sós e observados. Quen está alén, non estamos sós, acompaña aos intérpretes constantemente.

Galego

Señora de rojo sobre fondo gris

Un pintor, con moitos anos no oficio, leva tempo sumido nunha crise creativa. Desde que faleceu de forma imprevista a súa muller, que era todo para el, practicamente non puido volver pintar. Estamos no verán e outono de 1975. A filla maior de ambos está no cárcere polas súas actividades políticas, e é nesa datas cando xorden os primeiros síntomas da enfermidade de súa nai que a filla vivirá desde dentro da prisión.

Galego

Ana, también a nosotros nos llevará el olvido - Unahoramenos Producciones

Tomando como punto de partida Tristana de Benito Pérez Galdós, Irma Correa constrúe un texto sobre a resistencia feminina contra o poder masculino franquista. Reutiliza as chaves que Galdós con Tristana e Ibsen con Nora abriran na creación de personaxes femininos oprimidos no seu contexto que buscan a liberdade.Ana é unha ama de casa convencional da España dos anos 60 casada con Lope, avogado que vai ser nomeado cun posto no Ministerio. A obra arrinca coa noticia e as repercusións que ten no matrimonio.

Galego

Medida x Medida - Producións Teatrais Excéntricas

Medida x Medida, das pezas máis complexas e ricas de Shakespeare, chega por fin ao galego da man de Quico Cadaval, gran amigo do bardo de Avon. A historia acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cae a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un mozo de boa familia é condenado a morte.

Galego

O mozo da última fila

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase faíselle máis insorportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato  por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea.

Galego

Rosalía

O espectáculo trasládanos a Rosalía de Castro na súa nenez, a unha Rosalía atrevida, máxica, activa que nos amosa o porque da súa obra dun xeito realmente ameno e divertido.

María Rosalía Rita agóchase no faiado, pechando a porta tras ela, facéndose forte nese lugar máxico que ben coñece, que habitou en segredo e que está ateigado de tesouros. Hoxe mesmo veñen buscala, xa lle puxeron o seu traxe de fidalguiña e uns zapatiños que non lle acaban de acaer ben. Debe abandonar a aldea para ir vivir coa súa nai despois de anos baixo a tutela das súas tías paternas.

Galego

Pyka

Helena Varela recompón a historia da súa avoa Angelines, figura repudiada na súa familia, mais tamén enigmática. Pide axuda aos seus sete irmáns, que lle dan cadansúa versión.

Nunha viaxe a Londres Helena visita o psiquiátrico onde traballara a súa avoa durante moito tempo. Alí lle falan da existencia dunha película desaparecida que abrirá novos interrogantes sobre a vida da avóa

Angelines e a súa relación cunha misteriosa muller chamada “a vasca”.

Galego

Pulso

Spoken-Word-Spoken-War.

Cando a ameaza da bomba atómica inspira a Neal Cassady a fusionar seus propios átomos, e Christine Jorgesen troca o corpo dos Marines por unha vaxina transexual, o Dharma da guerra dos sexos maniféstase en Rock Hudson e Doris Day a través de Gila e Mari Carmen y sus muñecos. Xa o Donald Trans, urde na sombra un plano reptiliano que nen o Super man - ese E.T- encomendado aos Upanishads parece poder paliar. Urxe auxda B-UFA.

Elenco: Paula Sanmartín

Galego

Prostitución

O noso espectáculo baséase nun proceso de exploración sobre a prostitución. Un tema que nos fai expoñernos a moitas preguntas, e en diferentes planos, sobre a nosa visión como cidadáns, como seres humanos e como artistas coa vontade de reflectir a nosa sociedade. E farémolo dando voz aos seus protagonistas, ás prostitutas. Falamos con elas, entramos nos seus clubs, acompañámolas nas súas rúas. Trátase dunha investigación documental da que beberá un grupo de artistas/actrices, co propósito de comprender esta realidade e facela obra de teatro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro