Jauría
Dramaturxia a partir da transcrición do xuízo realizado á Manada, construída con fragmentos das declaracións de acusados e denunciante.
Unha ficción documental a partir dun material moi real, demasiado real, que nos permite viaxar dentro da mente de vítima e victimarios. Un xuízo no que a denunciante é obrigada a dar máis detalles da súa intimidade persoal que os denunciados. Un caso que remove de novo o concepto de masculinidade e a súa relación co sexo da nosa sociedade. Un xuízo que marca un antes e un despois.

