Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos!
Elenco: Rocío Salgado e Martín Maez
A pastelaría de dona Remedios ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta, Ana, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, Dona Remedios decide contratar un novo axudante capaz de aportar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes días. O problema é que, ás veces, esas novas ideas da cociña moderna poden entrar en conflicto co bo facer máis clásico de Ana.

