Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Señor Ruiseñor

O protagonista desta obra de teatro é o pintor catalán Santiago Rusiñol (1861-1931). A obra está baseada nun texto de ficción sobre un xardineiro con reuma que é trasladado ao Museo Rusiñol para interpretar o papel do pintor catalán nunhas visitas teatralizadas, pero o novo padroado do museo quere crear alí un Museo da Identidade Integradora.

Durante este espectáculo trataranse algúns tabús da sociedade como as patrias identitarias.

Galego

Gag Movie

Espectáculo teatral no que os protagonistas son catro personaxes que se atopan atrapados no tempo e dentro dos límites dun estreito fotograma de cine.
Dirección artística: Joe O‘Curneen
Elenco:César Maroto Rubén, Hernández, Susana Cortés e Antonio de la Fuente

Galego

XXIV Miteu

A cidade das Burgas acolle unha nova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario na que se aposta unha vez máis pola diversidade cultural.

Poderanse desfrutar de pezas de teatro de compañías procedentes de Chile, México, Holanda, Portugal e Costa Rica, entre outros países. Ademais, este ano tamén se apostará pola inclusión social, algúns dos actores que participan na mostra contan con algunha diversidade funcional.

Galego

Ligerito caminando

A Compañia de teatro Portas Abertas presenta a comedia “LIGERITO CAMINANDO”

A acción transcorre nun albergue do Camiño de Santiago, rexentado por unha monxa estraña, onde van chegando os peregrinos contando as súas historias.

VENRES 3 de maio, ás 19:00 horas. Salón de actos

Entrada libre ata completar aforamento

Galego

Cyrano de Bergerac

Esta obra é o símbolo do teatro francés, estáa protagonizada polo valente Cyrano pero que se volve débil ante a muller que ama.

José Luis Gil interpreta a Cyrano e estará acompañado polos actores Ana Ruiz, Álex Gadea, Nacho Rubio, Ricardo Joven, Rocío Calvo e Joaquín Murillo.

Galego

Toma Única

Marcos Pereiro, Lucía Veiga, Marta Martínez e Oswaldo Digón representarán tres escenas con distintos estilos cinematográficos que improvisarán no momento. Ademais dos catro actores en cada función haberá un artista invitado.

Ao final do espectáculo o público terá que votar cal é a súa favorita.

Galego

Mundo Obrero

Esta obra trasládase ao último terzo do século XIX, cando se crea o movemento obreiro, e irá avanzando, a través das loitas no campo e na cidade, cara aos anos 30 do século XX. A obra estará protagonizada por personaxes famosos da época e tamén algúns anónimos.

A acción comeza no Café La Tranquilidad, en Barcelona, cando un mendigo se achega a unha mesa a pedir esmola a un home, este apúntao cunha pistola e dille que vaia a un banco e colla o que precise.

Galego

Hermanas

Bárbara Lennie e Irene Escolar son as protagonistas desta historia sobre o conflicto entre dúas irmás.

Viviránse momentos de reproche e de amor entre dous seres saídos do mesmo corpo, pero que ao mesmo tempo son moi diferentes.

Pascal Rambert, estréase en paralelo con esta produción do Pavón Teatro Kamikaze de Madrid e coa produción francesa, Soeurs do Théâtre deas BouffesduNord de París.

Galego

Feo!

Caramuxo Teatro presenta Feo! Un espectáculo de pequeno formato inspirado en ”O parrulo feo” de Hans Christian Andersen.

A pequena fábrica de parrulos de goma de “Il Papero Guiallo” produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente...

Feo! É un canto á diversidade e á esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.

Premio María Casares 2017 ao mellor espectáculo infantil.

Data: 30 de marzo

Horario: 18:00 h

Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro