Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A illa sen tesouro

Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho

A illa do tesouro é unha proposta de teatro de rúa da compañía Ghazafelhos.  Apoiados nunha escenografía dinamica que se transforma nun mesón, nun barco, nuha cova e nunha empalizada, os tres actores e actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do público, da fabulosa aventura de piratas.

Música, bailes, peleas de espadas, toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible do teatro dos Ghazafelhos e un guiño a un clásico literario para toda a familia.

Galego

A familia unida

Unha oferta laboral, unha colocación para sempre para un emprendedor coas mellores condicións de traballo posibles. André, o presidente, propietario e presentador do espectáculo busca empregado. A quen non lle interesa: Cromina, despois de ser pai, enfronta a súa natureza casual e festiva á responsabilidade e seriedade das circunstancias. A través de clásicos como a autoridade, a paternidade, o dragón e mesmo a morte.

Galego

A verdadeira historia de Hamelín

Elenco: David Merelas

Bromas sen fin, participación do público e humor, moito humor son as chaves desta adaptación circense do clásico conto “O frautista de Hamelín” no que descrubriremos o que sucedeu en realidade.

A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público contaranos unha persoa presente alí mesmo como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que molestane fan imposible a vida dos seus habitantes.

Xa coñecedes a historia que querían facervos saber… é hora de coñecer “A verdadeira historia de Hamelín”.

Galego

XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Dende hai 36 anos Cangas converte os seu patrimonio arquitectónico en diferentes escenarios. Praias, xardíns, pistas polideportivas, adros, capelas e prazas acollen a espectadores chegados de distintos lugares para desfrutar dos mellores espectáculos teatrais.

A igualdade e o humor son os eixos sobre os que xira esta Mostra, que ademais de espectáculos ofrece distintos obradoiros e conferencias. Este ano o pregón da Mostra correrá a cargo do actor e director Quico Cadaval.

No programa desta edición estrearanse as seguintes obras:

Galego

As viaxes de Filipa

Nova sesión de contos para público familiar, terceira da compañía de teatro e clown «Bandullo Azul», con Filipa, (marioneta), como protagonista, e o actor Fran Campos.

A narración oral volve ser o fío condutor deste espectáculo para público familiar, que xunto coa teatralización e a música, farán unha crónica das «Viaxes de Filipa» por todo o mundo abordo do seu globo.

Galego

Contos vellos Novos finais

Baixo o paraugas dun mesmo espectáculo "Contos vellos novos finais" ofertamos tres espectáculos diferentes segundo os contidos que se queiran abordar. Cada proposta ten unha persoaxe, unha trama e unha proposta escénica diferentes. Sempre dende o bo humor, a narración oral e a educación en valores.

- Médico: Un médico ven a diagnosticar o sexismo. Traballamos contidos relativos á igualdade laboral (teito de cristal, brecha salarial, reparto laboral segundo o sexo, ...)

Galego

Representación final do obradoiro de teatro

Para rematar o obradoiro de teatro con perspectiva de xénero, Mariña López Varela dirixe esta representación cas nenas e nenos participantes.

Nesta sesión aberta as nenas e nenos participantes representan unha pequena peza de teatro titulada Cinsenta 2.0 na que se ven reflectidas as temáticas sobre relacións saudables, roles igualitarios e identificación e prevención da violencia machista tratadas no obradoiro.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Planeta LGTB

É un paxaro?, é un avión? .... non é  R2- P2, un alieníxena provido do Planeta  LGTB que viene de expedición ao noso planeta coa intención de aprender a valorar a diferenza. No seu planeta todos visten igual, todos os días comen o mesmo (chourizos con xudías), ... todas as familias son iguais.  Nesta viaxe aproveitará a presenza do público para inquerir como é a vida no noso planeta. Polos nosos costumes, as nosas tradicións, o que nos gusta, .... a través deste diálogo co público nenos e nenas poderán falarlle de como no Planeta Terra valoramos as cousas diferentes ....

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro