Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Festival USCénica: Espida

'Espida' ofrece un ollar peculiar sobre a identidade de xénero desde a discusión da normalidade. Partindo dos lugares privado (íntimo) e público (social), facemos unha viaxe entre a fortaleza e a fraqueza da persoa... Como nos vemos? Como somos en realidade? Somos o que queremos ser? E as nossas diferenzas? Un pantalón ou unha saia? E se nos espimos entón... que temos?

Galego

Teatro infantil 'Voa, voa'

Da man de Talía Teatro presentamos Voa, voa, unha peza pensada para relembrar e divulgar a arte de xogar coas palabras; para animar a nais, pais, avoas e avós a relembrar os seus xogos de infancia e o vocabulario que neles había e enredaren coa xente miúda de hoxe empregando os ditos, retrousos, xogos de man... que chegaron a eles transmitidos xeración tras xeración e cos que tanto se divertiron de pequenos.

Galego

Ritmo Refugallo

A animación, o clown e a música toman as rúas con Trío Refugallo, unha nova proposta da man de grandes músicos e actores con experiencia en compañías e grupos como Odaiko, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Os Tres Trebóns... Coa dirección de Fran Rei, esta mestura de clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público crean un novo concepto de pasarrúas que espalla risa e ritmo.

Galego

37ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

A 37ª Mostra de Cangas contará con 10 espectáculos galegos, tres deles estreas absolutas: O Monte das Aras, a cargo de Teatro de Ningures; Hell Brothers, por CirKompacto; PYKA, por Cinema Sticado, e As boas actrices, pola compañía 3 (Clara Gayo, Mónica Camaño e Arantxa Villar). A estas propostas súmanse Commedia, de Contraproducións; Guerra de identidade, de DeuVe; Liberto, de Rebordelos Teatro; Só, de Xanpatito Pato; Dúas donas que bailan, de Teatro do Atlántico, e As virxes salvaxes, de Teatro do Noroeste.

Galego

La Traviata- Camerata Lírica

Camerata Lírica de España, escolleu está obra do xenial compositor por ser a ópera máis representada nos últimos cen anos nos principais teatros do mundo. A súa programación é sinónimo de afluencia e éxito de público e algunhas das súas melodías traspasaron o meramente operístico para converterse en parte da banda sonora da humanidade, como o famoso brinde. A súa fama é tan enorme que calquera persoa, por moi afastada da música clásica que se atope, recoñécea como ópera.

Galego

30 e tantos osos

30 e tantos ósos é unha viaxe de catro mulleres de 30 e tantos anos que, cansas de vivir agochadas baixo carcasas prefabricadas, adoptando condutas alleas, deciden transcender a pel e a carne a través da figura mítica da Loba, para chegar os seus ósos, á materia máis elemental, onde se inscribe a súa historia persoal e colectiva e se atopa, desterrado, o seu potencial máis vital e salvaxe.

INTÉRPRETES: Diana Mera, Merche Pérez, Teté García e Belén Bouzas

DIRECCIÓN EN ESCEA: Diana Mera

Galego

Joan Braun

No noso poboado indio reina a alegría. Un día as vidas de Jon  Braun e a súa irmá  Malintxe sepáranse. A valente irmá é capturada; pero ela nunca se esquecerá de Jon  Braun e as súas orixes.

O pequeno indio decidirá ir buscar á súa irmá.

Intérpretes: Miren Larrea e Valentina Raposo

Dirección: Iván Alonso

Compañía: Anita Maravillas

Público: + 4 anos

Espectáculo sen palabras

Galego

Bebescena 2020: Catro

"Catro" é a nova proposta de Caramuxo Teatro para a primeira infancia, dentro da triloxía dedicada ás formas, que comezou con "Redondo"

Unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, cos sons, coas texturas, co movemento...

Catro lados ten un cadrado, catro son as estrelas que vexo desde a miña habitación, catro os recunchos do meu lugar favorito...

"Catro" é a expermimentación a partir dun número que se repite na nosa vida. Unha experiencia para gozar en familia coa danza coma linguaxe, como canle de coñecemento.

Galego

o que segue

"O que segue son eu que o sigo tentando, soñando que conseguirei satisfacer completamente a miña necesidade de comunicación. Non pode existir sen a música nin os xuízos das miñas disertacións sobre a realidade. É un acto de resistencia escénica a través da composición musical, o vídeo, a danza e un relato feroz do cotián e as miñas contradicións entre a arte e a vida".

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro