24 Horas en la vida de una mujer
Unha viúva aristocrática terá unha experiencia única, absolutamente inesperada, que a levará a enfrontarse a todos os seus principios vitais e morais, cando no Casino de Monte Carlo, coñece a un mozo ludópata que, despois de perder unha fortuna na ruleta, intenta suicidarse. Zweig lévanos a través da vella Europa, a Riviera, a Costa Azul, a antiga Viena ... afondando nunha historia esmagadora, vaporosa e rápida, cunha mirada irónica e mordaz sobre a sociedade e personaxes cheos de forza, que se debaten entre o o ben e o mal, entre a moral e as paixóns máis profundas.

