Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A Casa do Terror

A casa do terror é unha aventura, na cal un grupo de amigos se ve obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos.

A perspectiva do terror trátase neste espectáculo dun xeito divertido a través de orixinais personaxes coma as pulgas sombis, o lobo lover, ratatiburóns, gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, e un longo etc.

Galego

Pementeiras

Dúas mulleres, Dosinda e Sofía, de idades moi diferentes protagonizan Pementeiras. Pementeiras narra a historia de dúas amigas que teñen un pensamento moi diferente da realidade social na que están inmersas.

É unha produción de Xoré Teatro. 

A venta de entradas (que terán un custe de un euro) comezará media hora antes. 

Galego

Teatro en Ruta

A compañía de teatro carballesa Vagalume Animación está de xira durante novembro polo concello de Carballo dentro do programa Teatro en Ruta. A entrada ás representacións é de balde, ata completar capacidade da sala. Para todos os públicos 

Programa

18 -  Canto te quero no centro social de Verdillo
24 - O Fontaneiro no centro social de Sofán 
25 - O Fontaneiro no centro social de Ardaña

Galego

Venres teatrais

Os Venres teatrais, unha referencia na programación cultural municipal de A Laracha, volve con catro obras de referencia no actual panorama teatral galego. A selección inclúe tanto comedia como temática de concienciación social, co gallo do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se celebra o 25 de novembro.

Todos os espectáculos son recomendados para maiores de trece anos de idade. A entrada é de balde.

Programación

9 de novembro, 21 horas: A canción do elefante, de Redrum Teatro

Galego

Outono de teatro

O Concello das Neves pon en marcha unha nova edición do ciclo cultural Outono de teatro con tres actuacións de balde para diversos públicos.

 

Programación

27 de outubro, 20 horas: Top Manta, de Fulano, Mengano e Citano

18 de novembro, 18 horas: Memorias dun neno labrego, por Cándido Pazó

16 de decembro, 18 horas: Falar sen cancelas, de Culturactiva

Galego

El Pirata Malapata en busca del tesoro

Malapata, Ruby e Larguirucho son os protagonistas da función; uns piratas que se xuntaron despois de ser desterrados doutros barcos. Aos pobres non lles sae nada a dereitas na súa aventura en busca do tesouro.

Nesta procura atoparanse con todo tipo de personaxes divertidos e inesperados: un monstro, un polbo, unha serea... A través das cancións, os bailes e o colorido do espectáculo, eos espectadores poderán coñecer as súper aventuras do pirata Malapata e descubrir un mundo de sensacións.
 
Dirección: Sonia Galán

Galego

Requiem

Réquiem é o terceiro espectáculo que produce ROTURA Producciones. Estreado no 2017, é un texto que nace da experiencia de perder ao pai. Ester Bellver foi nomeada na candidatura Mellor autoría revelación dos Premios Max 2018.

Galego

Anarquismos (polo medio da habitación corre un río máis claro)

O creador vigués Pablo Fidalgo aborda nesta nova proposta a historia da anarquía, que –nas súas palabras– tivo en España o laboratorio máis importante de toda a xeografía mundial. Os performers Ángela Millano, Cláudio da Silva e Rocío Berenguer poñen en escena o soño dun home adulto, que rememora a casa e os tres compañeiros cos que compartiu os seus primeiros anos de xuventude.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro