Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Senior

Culturactiva SCG presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50.

Cos coñecidos e populares actores Luís Iglesia e Marcos Orsi como protagonistas, e dirixida por Avelino González, trátase dunha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser sénior? Estamos realmente aviad@s para os retos e problemas que se nos botan enriba ao cumprir o medio século? E, sobre todo, estamos preparad@s para ser vell@s?

Galego

Fillos do sol

Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.

A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o bardo bergantiñán, xa octoxenario e consumido pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación e a criada nova da pensión na que está albergado.

Galego

Tardes de zarzuela

As melodías máis representativas do Teatro Lírico español  nas voces dun elenco de solistas da Compañía Lírica de Galicia baixo o título Tardes de Zarzuela forman unha montaxe que transita entre o sublime e o máis popular nun repertorio cuidadosamente seleccionado para ofrecer un espectáculo de calidade e á altura do público máis esixente.

Galego

Gran gala de ópera

Presentamos neste programa o repertorio operístico para soprano máis emblemático. Dúas sopranos profesionais abordarán un programa de gran repertorio, incluíndo obras dos autores máis recoñecidos e mundialmente vixentes e demandados, como Mozart, Verdi, Puccini, Leoncavallo, Bellini, etc en obras tan emblemáticas y coñecidas como Madama Butterfly, As Vodas de Fígaro, Turandot, Norma, Tosca, Carmen, Lakmé entre outras.

Galego

Zapatos

Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os dias chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos, de lles dar a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. Zapatos narra todas as historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

Galego

Nina Ventura Caprina

Esta é a viaxe iniciática dunha cabra chamada Nina.
Chegada ao mundo nunha illa esquecida no medio do mar, un bo día decide marchar na procura dunha vida máis próspera e amable.
Nina é así, independente, inconformista e impaciente.
Tamén é descarada, sorprendente, fresca, fogosa, temeraria, insolente e insolvente per se.
Non acerta a comprender o xeito en que se relacionan e desenvolven os seus novos veciños de dúas patas.

Galego

Duncan de palleiro

  Elenco: Lines González e Lara Manzano

  Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a esa raza mítica, lendaria e con máis prestixio de todas, a de Palleiro.

   Este can é Duncan de Palleiro, o príncipe das corredoiras.

   Duncan leva unha vida sinxela ao carón do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas de sempre, nunha vila pequeniña e fermosa no medio das montañas chamada Óubidos, da cal se sente moi fachendoso.

Galego

Os tres porquiños

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?

A resposta a todos estes interrogantes, como todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?

Galego

Carapuchiña Vermella

Carapuchiña é unha nena duns 9 anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da súa avoa para levarlle unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce. Na súa viaxe atoparase con un leñador, unhas árbores bailarinas e cun lobo... que fará das súas para intentar papala.

Toda a historia está narrada por Prácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir traballará arreo para escribir o conto máis bonito do mundo: Carapuchiña Vermella.

 

Galego

Profundizando na Galiza profunda

Monólogo cómico onde se analiza a vida dos galegos, en canto á súa cultura, o seu idioma, as súas expresións e a familia. Abórdase o carácter morriñento das galegas e galegos, a través das súas expresións, do seu humor, das súas costumes, das súas festas, etc.

Desde o “guapo, guapo non é, pero ten un pelaso”, ata o “ghastas pista", pasando polas manías dos pais e as obsesións das avoas, ata chegar aos chistes mais galegos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro