Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena
Pistacatro, en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), presenta o seu novo proxecto, un espectáculo de teatro-circo que dirixe Quico Cadaval e que está baseado na peza de Arnoia Arnoia de Xosé Luís Méndez Ferrín e no imaxinario do autor.
A obra presenta a historia de Nmonadah, adolescente que con 16 anos perde aos seres queridos nunha guerra. Nmonadah deberá iniciar só un camiño asexado por perigos que adquiren as formas luminosas e inquietantes dos artistas de circo: acróbatas, malabaristas excéntricos, escapistas, faquires, aeristas e clowns.

