Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A nena e o grilo máis aló

Teatro Ghazafehos: Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas.

Magín - guitarra e voz

Cristian Legiero - teclado

A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.

A Nena e o grilo e máis aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas. Que pasa logo da morte?

 

 

Galego

Cáscaras vacías

É unha rede de historias tecidas con testemuños da Operación T4, nome en código que os nazis deron ao seu programa de eutanasia destinado a eliminar a persoas con algunha discapacidade, a quen consideraban “vidas indignas de ser vividas”, “cascas baleiras”, e cuxas primeiras vítimas foron nenos. O castelo de  Hartheim foi un dos lugares onde esta operación levou a cabo.

Seis persoas que serían asasinadas no castelo de  Hartheim fálannos das súas vidas nel.

Galego

Pan con chocolate

A actriz Saleta Fernández, protagonista doutras montaxes de Culturactiva SCG, como Supergalácticos ou O Valo, convértese en Eva, a rapaza protagonista desta historia, de alta carga social, na que se fala da amizade verdadeira por encima de todas as dificultades. E polo medio, outras tres marabillosas aventuras máis xurdidas do maxín de M.ª Victoria Moreno. Catro contos que, aínda que escritos para rapaces e rapazas, na práctica acaban sendo historias para todos os públicos, xa que amosan as cousas tal e como son, sen filtros, a través da mirada sincera dunha nena.

Galego

STRPTS: Fin de tempada

STRPTS: Fin de tempada é un espectáculo de cine ao vivo, ou tamén teatro multimedia, ou tamén teatro transmedia que combina diferentes técnicas teatrais como obxectos, monicreques, sombras e actores coa creación, manipulación e proxección en vivo de imaxe e son.

Un home e unha muller foxen perseguidos por unha mentira, mais non poden fuxir eternamente. Chegou a hora de afrontar o engano, a manipulación. Agora ben, con que armas? Coa verdade, con outra mentira. Serán quen de manterse no mesmo bando?

Galego

6 cubos negros en corpo blanco

Unha traxicomedia sobre a opresión familiar con tinturas de humor negro e absurdo. 

Unha peza na que agroman os delirios e desexos reprimidos establecendo unha conexión co universo lorquiano de A Casa de Bernarda Alba.

Cinco actrices en escena habitan un espazo en branco e negro a cabalo de dúas épocas, subxugadas pola onmipresencia do frío que emana do gran frigorífico branco. Asistimos á desconxelación gradual dos corpos desde o hieratismo á 'organicidade', nunha inquietante atmosfera na que destacan as queixas do violín.

Galego

1879. Casa de bonecas

Casa de Bonecas ou "O escándalo dunha muller que marcha da casa". Así foi considerada na súa época esta gran obra, froito da dramaturxia do pai do teatro realista contemporáneo, Henrik Ibsen, en 1879. Un alegato feminista que se converteu co paso de tempo na celebración da independencia da muller nunha sociedade de homes. Con Casa de Bonecas o espectador revive o nacemento dunha das maiores heroinas do teatro, Nora Helmer. Esposa e nai perfecta, esconde sen embargo un perigoso segredo, anos atrás falsificou unha firma para conseguir un préstamo.

Galego

Alegría, palabra de Gloria Fuertes

Dona Pito Piturra e o señor Antropelli, traballadores do antigo Circo Crocodilo, viven rodeados de contos e poemas de Gloria Fuertes. Non teñen outra cousa e, ademais, cren ser ela. Ambos cren ser a poeta. 

O intento de cada un deles por convencer ao outro do seu erro dá lugar a unha serie de xogos e escenas inspirados nos contos de Gloria Fuertes nos que interpretan a outros personaxes creados pola autora madrileña e nos que, por suposto, se expresan a través das súas poesías.
 

Galego

XIX Mostra de teatro amador de Palas de Rei

Organizada pola Orde das Donas e Cabaleiros de Vilar de Donas, Os Lobos, en colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de Palas de Rei.

Nesta 19ª edición participarán nove grupos de Galicia e un de Pozuelo de Alarcón. Haberá funcións na Casa de cultura de Palas de Rei ás 21:00 horas; no campo da festa de Santo Xusto ás 18:30 (o sábado, 25 de agosto, e o domingo 26); en Santiago de Albá ás 20:00 horas o venres, 31, de agosto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro