Cranios Privilexiados
O argumento preséntanos a Mofa e Befa nun momento de crise existencial que deciden superar comendo, como manda a tradición perralleira. Para iso organizan unha merenda de resonancias platónicas debaixo dunha ponte, onde a alianza entre a desesperación e a sobriedade dos alimentos, provoca un febril momento de ascetismo.