Procedimientos ante el vacio
Procedimientos ante el vacío persegue a idea do irrepetible, do que acontece cada día na medida en que cada espazo e cada atención cambian o suceso. Persegue, en poucas palabras, substituír o intencional polo atencional. Un traballo interdisciplinar, xestado a partires da residencia de investigación e colaboración artística entre a compañía e a bailarina Mónica Valenciano (Premio Nacional de Danza 2012 na modalidade de Coreografía, outorgado polo Instituto Nacional das Artes e a Música. INAEM).
Espectáculo seleccionado na modalidade de Danza no Programa Platea 2018.

