Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O vendedor de fume

Espectáculo de teatro infantil da compañía Ghazafelhos.

Un vendedor de remedios chega á vila. Co seu abriante carro cheo de frascos misteriosos convoca o publico a través da maxia e a música. Oferta remedios ás e aos presentes para mil e un males, e terá como reclamo a uns pícaros cómplices entre o público.

A actividade enmárcase nas Festas de Ferrol.

Galego

O arxina e o felo

O grupo de teatro Viravolta Monicreques realiza unha interpretación do texto de Francisco Rozados. A obra está realizada coa intención de que os nenos se divirtan, á vez que aprenden sobre as tradicións e costumes de Galicia.

Esta obra está dirixida por Anxo García e os encargados de mover os monicreques son Xulio Balado, Anxo García e Pilar Álvarez.

Na representación pódese observar como dous personaxes cantan e reflexionan sobre os costumes do lugar, á vez que un demo pídelles un favor porque se non lles quitará a súa alma.

Galego

Muñeca de Porcelana

O sábado 23 de setembro a partir das 20:30 poderemos gozar de Muñeca de Porcelana, unha obra de teatro orixinal de David Mamet, pero versionada por Bernabé Rico. A historia conta a vida dun home que se vai a xubilar pero no último momento recibe unha chamada que cambiará o seu futuro.

Galego

Catalina Lino Lina

Unha peza teatral enfocada a transmitirlle ao público de 3 a 12 anos a paixón polos libros. Catalina Lino Lina, farta de agardar a que alguén abra as páxinas do libro no que habita para poder cobrar vida, decide escapar para vivir as súas propias aventuras.

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

 

Galego

Todo el tiempo del mundo

Coa interpretación nesta obra preténdese reflexionar sobre o futuro e os intereses que temos. A inspiración para que cada individuo do público pense cales son os seus desexos.

A obra trata dun zapateiro que cada noite fala con persoas descoñecidas que lle contan historias da súa propia vida, o que provoca que se analice a si mesmo.

No reparto participan Rebeca Hernando, Amanda Recacha, Óscar Velado e José Juan Rodríguez, entre outros.O director de escen é o coñecido Pablo Messiez, que pretende inspirar ao público para descubrir o seu mundo interior.

Galego

Soka

Esta obra teatral quere inspirar sentimentos diversos, como a culpabilidade e a responsabilidade, ademáis mostra os límites aos que estamos sometidos todolos humáns. A historia fala dun profesor de educación física que chega ao seu lugar de traballo e atopa o corpo sen vida dun alumno da súa clase que ten once anos. A partir de ahí comezan as dúbidas sobre qué facer ante esa situación.

O único actor que participa na obra é Iñaki Rikarte. A dirección de escena a realiza Fernando Bernués.

Galego

La vida es sueño

A obra orixinal estréase no século XVII e é de Calderón da Barca na época barroca. A temática da obra é sobre o destino do ser humano e a liberdade para crear a súa propia vida. É un tema moi profundo e filosófico e por iso faiche reflexionar cada minuto sobre a vida.

Conta cun reparto magnífico, entre os actores atopamos a Jose Luís Esteban, Yesus Bazaan, Félix Martín e Minerva Arbués, entre outros. O director de escena é Carlos Martín, coñecido pola súa representación en teatros de todo o mundo desde hai moitos anos.

Galego

Mostra de Teatro Galego de Cariño

Un ano máis, e xa van 39 desde que a mostra comezou en 1978, Cariño acolle unha nova edición da súa Mostra de Teatro Galego. A súa programación permitirá descubrir diferentes tipos de obras e conectar con diferentes tipos de público, xa que non só haberá teatro para adultos, senón tamén teatro para nenos, circo ou música.

As diferentes sesións son en varios puntos da cidade e algunhas son de balde.  Para asistir ás funcións nocturnas, existe un bono de 20 euros.  

Galego

La Sirena Varada

Unha obra teatral representada polo grupo de teatro Arume, na que se trata o tema dos malos tratos á muller desde un punto de vista humorístico. Esta representación é La sirena Varada, obra adaptada do autor Alejandro Casarón, autor coñecido por esta obra.

Este autor escribe a obra nos anos 30, época de forte represión social e política en España. A historia fala dun grupo de individuos que buscan afastarse da realidade e para iso deciden vivir nun mundo imaxinario. Despois aparece a sirena, o personaxe principal, que fai que todos volvan á realidade.

Galego

La velocidad del otoño

Trátase dunha obra teatral creada por Eric Coble na que actúa un reparto inigualable, con artistas recoñecidos no territorio nacional, son Lola Herrera e Juanjo Artero, que despois de tantos anos traballando como actores en teatro, televisión e cine, contan cunha gran profesionalidade no seu ámbito. Ademais, a encargada de dirixir a obra é Magüi Mira, unha actriz e directora de escena con moita fama dado o seu éxito na obra El discurso del rey.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro