Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Don Quixote

Don Quixote é unha comedia gastronómica que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a unha exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes.

Galego

Bon Appetit

Elenco: Jorge Casas,  Montse Piñón, Pepablo Patinho
Tres Chefs amosan unhas sinxelas receitas de cociña ao público. Pero o sinxelo pode ser tremendamente dificil; e o divertido, pode ser moi perigoso... Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos entendidos... ingredentes para unha comedia tola!
Ghazafelhos propón este ano en clave de clown  Bon Apetitt  para escachar coa risa de principio a fin.

 

Galego

Iriña bailarina

Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e  un único desexo: xogar sen límites para medrar sen  "medidas".

Ghazafelhos e María Canosa propóñennos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.

A cabalo do conto Iriña Bailarina de Cristina e Paloma publicado dentro da colección "A Igualdade conta" por Edicións Embora, Teatro dos Ghazafelhos leva a cabo un contacontos dramatizado onde o público ten a última palabra.

Galego

Top Manta

Elenco: Manuel Pombal, Suso Pando e Marcos Alonso.

Top Manta -a lista dos moi listos, o hit-parade dos máis vendidos-, cóntanos en clave de comedia, unha serie de historias de actualidade, cercanas e sorprendentes.

Top Manta, un espectáculo para rir, rir e rir, por non chorar, chorar, chorar... de risa, claro!!

Galego

Pan con chocolate

A actriz Saleta Fernández, protagonista de montaxes como Supergalácticos ou O Valo, convértese en Eva, a rapaza protagonista destas historias, para narrarnos unha serie de marabillosas aventuras xurdidas do maxín de Mª Victoria Moreno. Contos que, aínda que escritos para rapaces e rapazas, a miúdo acaban sendo historias para todos os públicos, xa que amosan as cousas tal e como son e, en moitas ocasións, conseguen expresar o máis agochado de nós.

Galego

O pozo das señoras

Vero Rilo presenta a súa nova compañía de contos para público infantil. Acompañada da acordeonista Sonsoles Penadique faránnos chegar fermosas historias contadas coa incrible capacidade de narrar de Vero e a dozura musical de Sonsoles.

No Pozo das Señoras falaremos de historias ben sorprendentes protagonizadas por mulleres e fiadas por pequenas correntes de auga e emocións.

Galego

Limpadores

Espectáculo cómico xestual, interactivo, moi divertido e creativo.

Obra para todos os públicos onde uns limpadores sacan o seu neno interior para encher o espacio escenico de xogo, risas, clown, humor e inocencia.

Elenco artístico: Carlos Cerviño, Abel Abelleira, Santiago Darroza e Manuel Solla

Galego

Loló e Mamá

Elenco: Josi Lage e Stephy Llaryora

Margot, a nai de Loló, queda non paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que semellaba unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestructurada dende sempre, pronto se transforma en desastre. Como acolle unha filla o retorno da nai? Quen é a nai e quen é a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar ata que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro