Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

PingüiSOS

Elenco: Rubén Pérez Pombo. Manoel Lamelo e Isabel Herrero

Sinopse: Tres pingüíns viaxan nunha balsa, camiño da terra desexada, ao corazón de Europa, na procura dunha felicidade da que tanto escoitaron falar na súa terra tropical.
 Para chegar ao seu obxectivo terán que pasar unha chea de aventuras por mar e terra baixo un sol ou un frío que abrasa ou conxela. A súa primeira parada será o cú de Europa, a porta de entrada, Galicia. Súbeste na nosa balsa? Remade compañeiras e compañeiros xa que a terra desexada non está lonxe.

Galego

Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira

Elenco: Josito Porto e Víctor Mosqueira

O dúo cómico Mofa e Befa enfronta pola primeira vez na súa dilatada traxectoria o metálico ardor da dúbida. “E agora que?”, sería o seu particular remedo da dúbida metódica cartesiana.  

De que vai iso de pensar? Unha pregunta que trae aparellada a súa propia revelación, porque se do que se trata é de aprender a pensar, por que non superar todas as dúbidas como dúo cómico facendo un espectáculo sobre a propia ciencia do pensamento, coñecida desde hai dous mil quiñentos anos polo enigmático e farfallado nome de “filosofía”?

Galego

Hansel y Gretel

Dirección: Laura Igrexa

Elenco: Laura Igrexa, Carlos Dávila e Félix Corcuera

Tres primos reencóntranse no faiado destartalado de casa dos seus avós. Entre os seus vellos peluches e unha chea de trastes rotos, atopan os libros que o seu avó líalles cando eran pequenos sendo o seu favorito Hansel e Gretel.

Aínda que pasaron moitísimos anos desde entón os tres lémbrano perfectamente e reléndoo gozarán coma se aínda fosen aqueles nenos de outrora.

Galego

A cabeza do dragón

A cabeza do dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, Retábulo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta, máis dunha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, tamén na cultura europea.

Galego

O souto dos prodixios

O Souto dos Prodixios conta a historia de Curuxiño, o gardian dun lugar no que todo pode suceder.

Non hai nada imposible baixo os castiñeiros: Os ourizos falan en varios idiomas, os raposos cantan ópera lixeira, os sapos compoñen poemas que riman, os osos fan punto de cruz nas silveiras, temos xirasoles que dormen de día e as estrugas non pican se lles chiscas un ollo.

 

Galego

Non hai que ser unha casa para ter pantasmas

  Prácido·domingo  é unha compañía emerxente que ten como obxectivo principal profundar na linguaxe do corpo a partir da investigación nas técnicas interpretativas de adestramento físico ligadas ao Aikido, a danza contemporánea e ao teatro físico.

Non é necesario ser unha Habitación –

         Pois o Cerebro ten Pasadizos – á marxe do

         Espazo Material –

 

         É máis seguro toparse a Medianoite

         Cun Espíritu de fóra,

         Que plantar cara ao que se leva dentro –

         Ese Xélido Hóspede.

Galego

Lúa

Dirección: Pepablo Patiño

Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patiño

Sinopse; Na terra algo acontece;  hai moito ruído... berros... enfados... a Lúa está preocupada porque con tanto ruído as estrelas asústanse e non queren achegarse... Así que decide baixar á terra e saber o porqué de tanto barullo....

Galego

Muiñada

Elenco: Tone Martínez e Alba Bermúdez

Muiñada conta a historia de Sabela e Xacobe, que, por un malentendido coa quenda, se atopan nun muíño de auga. Ao ver que os dous non poden moer ao mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para a Galicia: o muíño de auga.

Galego

Danza da choiva

Elenco artístico de Elefante Elegante:
Gonçalo Guerreiro e María Torres

Que aconteceria se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que se fai o espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan.

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro