Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cinco horas con Mario

José Sámano e Pentación espectáculos traen ao teatro esta adaptación da famosa novela de Miguel Delibes que, ambientada no ano 1966, conta como Carmen Sotillo acaba de perder ao seu marido Mario e, cando todos marchan, ela soa pasa a última noite mantendo un monólogo-diálogo no que descubrimos as súas personalidades e os conflitos do seu matrimonio.

Dirección: Josefina Molina

Reparto: Lola Herrera

Galego

La edad de la ira

No ano 2011 Nando López publicaba a novela La edad de la ira, que foi alabada pola crítica polo valor do autor ao tratar temas plémicos como a homosexualidade na adolescencia ou o acoso escolar.

Agora, o propio Nando fixo unha adaptación escrita para La Joven Compañía, onde ofrece unha mirada nova con respecto á novela orixinal, na que os adolescentes son os únicos protagonistas e nace como un canto á diferenza.

 

Galego

Trainspotting

En 1993 publicouse a novela Trainspotting de Irvine Welsh, unha áspera historia de catro mozos cunha vida complicada e chea de adiccións. Tres anos máis tarde foi levada ao cine polo director británico Danny Boyle, e agora é adaptada para a súa representación teatral pola compañía La Competencia Producciones.

Galego

O ferro

Luis e Rosa levan 14 anos casados e teñen unha filla estudando en Irlanda para aprender inglés. Luis é un administrativo e Rosa é unha ama de casa.
A súa vida transcorre con normalidade ata que un día Rosa, mentres pasaba o ferro a un pantalón do seu marido, atopa un papel nun peto que cambiará todo para sempre.

Elenco: Gema Ulloa, Fran Martín
Autor: Álvaro Guevara
Dirección: Tatiana Likhacheva 
Vestiario: Anastasia Guevara

Galego

Una habitación propia

Un cuarto de seu é un dos textos cruciais non só na obra de Virginia Woolf senón tamén do feminismo de comezos do século XX. A obra de teatro, Una habitación propia, con Clara Sanchis, parte do texto de Woolf para o converter na súa base. Así, atopamos a unha escritora que visita a unhas estudantes no ano 1928, como a propia Woolf fixo, ás que lles fala do que unha muller precisa e precisou ao longo da historia para ser escritora. Unha muller precisa de cartos e dunha habitación propia.

Galego

Divinas Palabras Revolution

Hai máis de 30 anos, no momento da fundación do Centro Dramático Galego, a intención da súa dirección era a de inaugurar a súa actividade coa posta en escena, en galego por primeira vez, de Divinas Palabras de Ramón María del Valle-Inclán.

Con todo, os seus herdeiros non permitiron a tradución da obra, polo que a idea mantívose detida ata que neste ano se liberaron os seus dereitos. É por iso que o Centro Dramático Galego levará a escena a obra, rebautizada como Divinas Palabras Revolution

Galego

El Príncipe

Maquiavelo escribiu El Príncipe en 1513. Cinco séculos despois, as súas palabras seguen vixentes. O seu obxectivo era mostrar como os príncipes deben gobernar en distintas circunstancias e como poden manterse no poder a conta de calquera acción.

O obxectivo da compañía Concha Busto con esta adaptación foi outro: fundir obra e creador, dar voz a un fascinante personaxe ao que demasiados condenaron á escuridade moral sen concederlle a oportunidade de explicarse.

Galego

El último bufón

O cómico de orixe italiana Leo Bassi revisa os seus 40 anos de traxectoria teatral a partir duns filmes que a súa irmá atopa na Fundación Lumière en Lyon. As imaxes foron tomadas polos irmáns Lumière dos antepasados de Bassi no Circo Rancy.

Leo Bassi, recoñecido mundialmente polas súas extravagantes actuacións, descende dunha antiga liñaxe de comediantes internacionais. Durante 170 anos, a súa familia actuou de forma ininterrompida, e deles herdou as súas habilidades e espírito, que foi sen dúbida a esencia do circo do século XIX.

 

Galego

Me llamo Suleimán

A compañía Una Hora Menos produce esta obra, protagonizada por Marta Vieira, na que se trata o tema de emigración clandestina entre África e España. 

Suleimán e o seu amigo Musa deciden deixar Mali porque están fartos da pobreza, polo que marchan a Europa coa intención de traballar e gañar cartos para poder axudar ás súas familias. Sen embargo, o seu soño non é fácil, a viaxe é moi dura e a chegada á fronteira con Melilla complica as cousas. Pero eles non se renden. A historia é narrada por Isabel, unha compañeira de clase de Suleimán.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro