La zanja
Autoria, dirección e elenco: Diego Lorca e Pako Merino
Miquel, técnico dunha multinacional mineira, chega a unha explotación da compañía en Sudamérica. Alfredo (o alcalde) e a súa comunidade esperan a este novo descubridor. Prodúcese o reencontro de dous mundos e formas diferentes de entender a vida. As ambicións, oportunidades e consecuencias da implantación da mina marcan o futuro do pobo e as súas relacións entre veciños.