Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Outono de teatro

O Concello das Neves pon en marcha unha nova edición do ciclo cultural Outono de teatro con tres actuacións de balde para diversos públicos.

 

Programación

27 de outubro, 20 horas: Top Manta, de Fulano, Mengano e Citano

18 de novembro, 18 horas: Memorias dun neno labrego, por Cándido Pazó

16 de decembro, 18 horas: Falar sen cancelas, de Culturactiva

Galego

El Pirata Malapata en busca del tesoro

Malapata, Ruby e Larguirucho son os protagonistas da función; uns piratas que se xuntaron despois de ser desterrados doutros barcos. Aos pobres non lles sae nada a dereitas na súa aventura en busca do tesouro.

Nesta procura atoparanse con todo tipo de personaxes divertidos e inesperados: un monstro, un polbo, unha serea... A través das cancións, os bailes e o colorido do espectáculo, eos espectadores poderán coñecer as súper aventuras do pirata Malapata e descubrir un mundo de sensacións.
 
Dirección: Sonia Galán

Galego

Requiem

Réquiem é o terceiro espectáculo que produce ROTURA Producciones. Estreado no 2017, é un texto que nace da experiencia de perder ao pai. Ester Bellver foi nomeada na candidatura Mellor autoría revelación dos Premios Max 2018.

Galego

Anarquismos (polo medio da habitación corre un río máis claro)

O creador vigués Pablo Fidalgo aborda nesta nova proposta a historia da anarquía, que –nas súas palabras– tivo en España o laboratorio máis importante de toda a xeografía mundial. Os performers Ángela Millano, Cláudio da Silva e Rocío Berenguer poñen en escena o soño dun home adulto, que rememora a casa e os tres compañeiros cos que compartiu os seus primeiros anos de xuventude.

Galego

Tropical

Espectáculo sensitivo, universal e evocador que nos mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións. Desde a ironía e o absurdo, Tropical reflicte situacións que se están a producir non moi lonxe. Na terra, paisaxes de guerras e muros. No mar, infinitas historias, desexos e soños que se cruzan.

Galego

Mosca

Con Mosca, a compañía Sudhum Teatro, trae a escena o acoso escolar. Unha realidade pouco visible ou non tratada de forma adecuada.

Mosca é un xogo de nenos capaz de converterse nun pesadelo. Pedro sábeo ben. Con só dez anos xa pesa sobre el o sufrimento de ser vítima do abuso. Dun abuso que, ademais, practícase entre iguais.

Galego

Titiriberia. Olladas sobre os Cristovos

A finalidade de Titiriberia. Olladas sobre os cristovos é dar a coñecer a tradición titiriteira ibérica da que fai parte o personaxe de Barriga Verde, como o seu representante último e máis coñecido en Galicia, e as profundas conexións coa tradición europea. Ademais, quere servir como punto de encontro para todas as persoas, profesionais e afeccionados, que queren recuperar a memoria deste espectáculo así como o traballo de feirantes e titiriteiros que durante anos foron unha parte fundamental do ocio e que se asentaron como parte do imaxinario común do país.

Galego

Smashed

Smashed: 80 mazás, 9 malabaristas e 4 xogos de té nun espectáculo inspirado no tanztheatre de Pina Baush, unha serie de viñetas como vellas fotografías, reminiscencias de guerras mundiais, relacións tensas, perda do amor e a inocencia e o estraño encanto dun té a media tarde.

En Smashed, a manipulación da froita prohibida dota dun sagaz enfoque das retortas relacións entre sete homes e dúas mulleres, que amablemente despelexan o malabarismo tradicional e o circo contemporáneo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro